Para superar a materia será preciso obter unha puntuación mínima de 5
sobre 10.
O alumno que teña aprobada a renuncia á avaliación continua poderá
presentarse ao exame final que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba
valoraranse as competencias do conxunto da materia.
Durante o presente curso gardarase a cualificación obtida nas
prácticas de laboratorio nalgún dos dous últimos cursos (5% da cualificación), para aqueles alumnos que así o
soliciten no prazo que se fixará ao inicio de curso.
Así mesmo, durante o presente curso gardarase a cualificación
obtida nas probas de seguemento nalgún dos dous últimos cursos (15% da cualificación), para aqueles alumnos que así o
soliciten no prazo que se fixará ao inicio de curso. A cualificación obtida só manterase dentro do idioma elixido no momento no que se cursou a materia.
Comentarios sobre as actividades relativas á avaliación continua:
A entrega das actividades previas (Estudos/actividades previos
do apartado "Metodoloxías" da guía docente) determinará a cualificación
obtida nas prácticas de laboratorio e nas probas de seguimento do
seguinte modo:
Cualificación das prácticas de laboratorio = K. (Suma das cualificacións das prácticas)/(Nº de prácticas)
Cualificación da proba de seguemento = K. Puntuación obtida na proba de seguemento
Onde K = (n.º de exercicios previos entregados)/(Nº total de exercicios previos solicitados)
A falta de entrega de informes de prácticas, por causa
xustificada ou non, non suporá a repetición da práctica nunha data
distinta.
A falta de asistencia a unha proba de seguemento, por causa
xustificada ou non, non suporá a realización da proba en data
diferente.
A data e os lugares de realización dos exames de todas as
convocatorias fixaraos o centro antes do inicio de curso e faraos
públicos.
Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. En caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a
cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0).
Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico
durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa.
O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula
de exame será considerado motivo de non superación da materia no
presente curso académico e a cualificación global será de suspenso
(0.0). Profesores para grupos de aula: Grupo Mañana: Pérez Riveiro, Adrián (adperez@uvigo.es) Marcos García González (marcos.g.glez@uvigo.es) Grupo Tarde: Aida Badaoui Fernández Grupo con docencia en Inglés: Rafael Comesaña |