Educational guide 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Elasticidade e ampliación de resistencia de materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Valorarase a participación activa en todas as clases e, cando cumpra, a entrega dos informes das prácticas e o seu contido segundo as pautas dadas antes da súa realización. Puntuarase de 0 a 10. Para que se some á nota obtida no exame será preciso obter neste unha puntuación de 4.5 sobre 10.


A cualificación das prácticas verase afectada polo coeficiente que se explica no apartado de "Outros comentarios e segunda convocatoria" da guía.


A cualificación obtida será a mesma na 1ª e na 2ª oportunidade da convocatoria do curso.
5
CG4
CE14
CT2
CT5
CT9
CT10
CT17
Estudo previo As entregas destes Estudos/actividades previos determinarán o valor do coeficiente K indicado no
apartado da guía docente "Outros comentarios e segunda convocatoria".
Considerarase entregada unha actividade previa cando se responda completamente a todas as cuestións expostas.
0
CT5
CT9
CT10
CT17
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba para a avaliación das competencias adquiridas na materia, consistente na resolución por parte do alumno de problemas e/ou cuestións teóricas breves.
A duración da proba, así como o peso de cada cuestión, daranse a coñecer no momento de realización da mesma.
80
CG3
CG4
CE14
CT2
CT9
Práctica de laboratorio Plantexarase unha ou dúas probas de seguimento consistentes en exercicios curtos e/ou tests conceptuais ao longo do curso nas horas de aula. A súa valoración será de 0 a 10 puntos.


Para que a cualificación obtida nesta proba se sume á alcanzada no exame, será preciso obter neste unha puntuación mínima de 4/10.


A cualificación da proba verase afectada polo coeficiente que se explica no apartado de "Outros comentarios e segunda convocatoria" da guía.


A cualificación obtida será a mesma na 1ª e na 2ª oportunidade da convocatoria do curso.
15
CG3
CT9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será preciso obter unha puntuación mínima de 5
sobre 10.
O alumno que teña aprobada a renuncia á avaliación continua poderá
presentarse ao exame final que terá un peso do 100% da nota. Nesta proba
valoraranse as competencias do conxunto da materia.

Durante o presente curso gardarase a cualificación obtida nas
prácticas de laboratorio nalgún dos dous últimos cursos (5% da cualificación), para aqueles alumnos que así o
soliciten no prazo que se fixará ao inicio de curso.

Así mesmo, durante o presente curso gardarase a cualificación
obtida nas probas de seguemento nalgún dos dous últimos cursos (15% da cualificación), para aqueles alumnos que así o
soliciten no prazo que se fixará ao inicio de curso.
A cualificación obtida só manterase dentro do idioma elixido no momento no que se cursou a materia.

Comentarios sobre as actividades relativas á avaliación continua:

A entrega das actividades previas (Estudos/actividades previos
do apartado "Metodoloxías" da guía docente) determinará a cualificación
obtida nas prácticas de laboratorio e nas probas de seguimento do
seguinte modo:

Cualificación das prácticas de laboratorio = K. (Suma das cualificacións das prácticas)/(Nº de prácticas)

Cualificación da proba de seguemento = K. Puntuación obtida na proba de seguemento

Onde K = (n.º de exercicios previos entregados)/(Nº total de exercicios previos solicitados)

A falta de entrega de informes de prácticas, por causa
xustificada ou non, non suporá a repetición da práctica nunha data
distinta.

A falta de asistencia a unha proba de seguemento, por causa
xustificada ou non, non suporá a realización da proba en data
diferente.

A data e os lugares de realización dos exames de todas as
convocatorias fixaraos o centro antes do inicio de curso e faraos
públicos.

Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. En caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a
cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico
durante as probas de avaliación, salvo autorización expresa.
O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula
de exame será considerado motivo de non superación da materia no
presente curso académico e a cualificación global será de suspenso
(0.0).

Profesores para grupos de aula:

Grupo Mañana: Pérez Riveiro, Adrián (adperez@uvigo.es)  Marcos García González (marcos.g.glez@uvigo.es)

Grupo Tarde: Aida Badaoui Fernández

Grupo con docencia en Inglés: Rafael Comesaña

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000