Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Deseño e ensaio de máquinas
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

No caso de que a asistencia presencial do alumnado ás clases estea legalmente limitada total ou parcialmente, adoptaranse as seguintes medidas:
1 Garantir que o alumnado matriculado teña disposición dos medios necesarios para o seguimento adecuado da docencia non presencial, que serán: computador persoal e acceso a internet. O alumnado que non dispoña dalgún deses medios deberá comunicalo ao coordinador da materia para solucionalo.
2 Emprégase a plataforma Faitic da materia para a comunicación ao alumnado das distintas medidas adoptadas.
3 Respecto á presente guía docente, modifícase en caso de non presencialidade segundo:
A: Competencias: Non se modifican.
B: Resultados de aprendizaxe: Non se modifican.
C: Contidos: Non se modifican.
D: Planificación: Non se modifica.
E: Metodoloxías: Modifícanse segundo:
Lección maxistral e resolución de problemas: impartirase empregando medios telemáticos (aula virtual do Campus Remoto ou outros)
Prácticas de laboratorio: Darase acceso ao alumnado a software de modelado 3D e simulación FEM para que poida realizar as prácticas desde fóra do laboratorio de Enxeñería Mecánica. Estas prácticas serán tuteladas empregando medios telemáticos (aula virtual do Campus Remoto ou outros)
F: Atención personalizada: As sesións de tutorización poderán realizarse por medios telemáticos (correo electrónico, foros de faitic, aula virtual en campus remoto, ...) baixo a modalidade de concertación previa.
G: Avaliación: Non se modifican as metodoloxías/probas: Prácticas de laboratorio e Exame de preguntas de desenvolvemento. Non se modifica a súa descrición, o peso da súa cualificación nin as competencias avaliadas. As probas realizaranse empregando medios telemáticos (aula virtual do Campus Remoto ou outros), as normas concretas de cada proba publicaranse con antelación en Faitic. A asistencia ás prácticas será contabilizada en función da asistencia virtual do alumnado a cada práctica.
Poderanse facer probas parciais para a avaliación de contidos concretos da materia. As condicións particulares destas probas publicaranse con antelación a través da plataforma FAITIC.
H: Bibliografía. Fontes de información: Aparte das referencias bibliográficas da presente guía, da documentación facilitada en Faitic con boletíns de problemas e exames de cursos anteriores, poderase facilitar documentación adicional (apuntamentos, vídeos, referencias web,...) para que o alumnado sen asistencia presencial poida seguir adecuadamente a materia.
A presente guía poderá ser modificada atendendo a resolucións reitorais ao respecto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000