Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Física III
   Contidos
Tema Subtema
I.1. MOVEMENTO ONDULATORIO 1.1. Fenómenos ondulatorios
1.2. Características fundamentais das ondas
1.3. A ecuación diferencial de onda
1.4. Ondas planas
1.5. Fronte de onda e vector de onda
1.6. Ondas cilíndricas e esféricas
1.7. Ondas lonxitudinais e transversais
1.8. Principio de Huygens
1.9. Reflexión e refracción de ondas
I.2. ONDAS MECÁNICAS 2.1. Natureza das ondas mecánicas
2.2. Onda lonxitudinal nunha varilla
2.3. Onda lonxitudinal nun resorte
2.4. Onda transversal nunha corda
2.5. Potencia propagada e intensidade dunha onda
2.6. Onda lonxitudinal nun fluído
I.3. DESCRICIÓN DE MAGNITUDES FÍSICAS MEDIANTE ANÁLISE VECTORIAL 3.1. Diferencial de lonxitude dun arco de curva
3.2. Campos escalares
3.3. Derivada direccional
3.4. Gradiente
3.5. Campos vectoriais
3.6. Fluxo dun campo vectorial
3.7. Campos solenoidais
3.8. Diverxencia dun campo vectorial
3.9. Teorema de Ostrogradski-Gauss ou teorema da diverxencia
3.10. Diverxencia de campos solenoidais
3.11. Circulación dun campo vectorial
3.12. Rotacional dun campo vectorial
3.13. Teorema de Stokes
3.14. Campos conservativos
II.1. ECUACIÓNS XERAIS DO ELECTROMAGNETISMO 1.1. Definición dos campos eléctrico e magnético
1.2. Fontes do campo: cargas e correntes eléctricas macroscópicas
1.3. Relacións entre os campos E e B e as súas fontes: ecuacións de Maxwell
1.4. Carga libre
1.5. Carga de polarización
1.6. Corrente libre
1.7. Corrente de polarización
1.8. Corrente de magnetización
1.9. Ecuacións de Maxwell para os campos E, D, B, e H
1.10. Condicións de fronteira do campo electromagnético
1.11. Potenciais electrodinámicos
1.12. Enerxía do campo electromagnético
II.2. CAMPOS SEN VARIACIÓN TEMPORAL: ELECTROSTÁTICA, CORRENTES ELÉCTRICAS ESTACIONARIAS E MAGNETOSTÁTICA 2.1. Ecuacións xerais de la electrostática
2.2. Dipolo eléctrico
2.3. Ecuacións xerais da corrente estacionaria
2.4. Ecuacións que inclúen as características do medio
2.5. Resistencia eléctrica
2.6. Lei de Joule
2.7. Forzas electromotrices e xeradores
2.8. Distribución de potencial en un resistor
2.9. Ecuacións xerais da magnetostática
2.10. Ecuacións que inclúen as características do medio
2.11. Forzas magnéticas
2.12. Circuito magnético
2.13. Dipolo magnético
II.3. INDUCIÓN ELECTROMAGNÉTICA E CAMPOS CUASIESTACIONARIOS 3.1. Electromagnetismo en medios móbiles
3.2. Transformación galileana dos campos eléctrico e magnético
3.3. Forza electromotriz sobre un circuíto
3.4. Lei de indución de Faraday
3.5. Definición de campos cuasiestacionarios
3.6. Coeficientes de indución
3.7. Enerxía magnética

II.4. ONDAS ELECTROMAGNÉTICAS 4.1. Ecuacións de onda para os campos E e H
4.2. Ondas E.M. monocromáticas planas en medios sen perdas
4.3. Ondas E.M. monocromáticas planas en medios con perdas
4.4. Incidencia dunha onda plana sobre unha fronteira entre dous medios dieléctricos perfectos
4.5. Incidencia dunha onda plana sobre unha fronteira entre un dieléctrico perfecto e un condutor
III.1 PRÁCTICAS DE LABORATORIO: ACTIVIDADES ESTRUTURADAS 1.1. Sesións con actividades estruturadas:
- Tratamento de datos experimentais (cantidades aproximadas, medidas de magnitudes físicas, estimación de erros)
- Manexo de instrumentos básicos de medida (flexómetro, micrómetro, polímetro (analóxico e dixital), osciloscopio)
- Experimentos con ondas mecánicas ou electromagnéticas (emisión e recepción de ondas ultrasónicas, microondas ou luz, ondas estacionarias nunha dirección, interferómetro de Michelson)
III.2 PRÁCTICAS DE LABORATORIO: ACTIVIDADES NON ESTRUTURADAS (PRÁCTICA ABERTA) 2.1 Sesións con actividades non estruturadas (práctica aberta):
- A cada equipo exporáselle un problema práctico, fornecéndolle información de partida suficiente. Baixo a dirección do profesor, cada equipo deberá analizar o problema, seleccionar unha posible forma de resolución e realizala experimentalmente
- Nos contidos da práctica aberta foméntase a diversidade de temáticas e de técnicas experimentais no campo xenérico dos fenómenos ondulatorios e electromagnéticos considerando, en particular, os fenómenos de condución de corrente eléctrica e indución electromagnética en réxime cuasiestacionario
- A título indicativo e como referencia pódense sinalar as seguintes prácticas: medida do campo eléctrico en láminas debilmente condutoras, resolución numérica da ecuación de Laplace, medida do coeficiente de autoinducción dunha bobina curta ou dun solenoide, medida do coeficiente de indución mutua entre dúas bobinas curtas ou dous solenoides
- Opcionalmente, cada equipo pode substituír a realización da práctica aberta por un traballo, consistente na elaboración dun informe temático de carácter descritivo sobre algún tema/técnica/proceso/dispositivo do ámbito científico-tecnolóxico no que xoguen un papel esencial os fenómenos ondulatorios ou electromagnéticos. Deberá incluír un modelo do problema identificando as magnitudes relevantes e as leis físicas de aplicación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000