Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
 Materias
  Electrotecnia aplicada
   Contidos
Tema Subtema
TEMA I: CIRCUÍTOS DE CA TRIFÁSICOS. MEDIDAS. COMPENSACIÓN.
Con este tema, preténdese que o alumno saiba analizar circuítos trifásicos tanto equilibrados como desequilibrados. Iníciase o tema cos conceptos básicos para a análise de circuítos equilibrados. Continúase cos circuítos desequilibrados, os diferentes métodos para medir a potencia e a compensación de potencia reactiva así como os métodos para determinar a secuencia de fases. Finalízase cunha introdución ás compoñentes simétricas.
• Introdución: Xeradores, cargas e circuítos trifásicos.
• Circuítos trifásicos equilibrados. Tensións e intensidades.
• Conversión de fontes e cargas trifásicas.
• Análise de circuítos trifásicos equilibrados.
• Potencia en circuítos trifásicos equilibrados. Compensación.
• Análise de circuítos trifásicos desequilibrados.
• Determinación da secuencia de fases e medida de potencia e enerxía.
• Compoñentes simétricas.
TEMA II: TRANSFORMADORES
Con este tema, preténdese que o alumno coñeza as características constructivas máis salientables dos transformadores así como determinar os seus parámetros característicos e propiedades principais, así como a súa utilización nos sistemas eléctricos.
• Analoxías entre circuítos eléctricos e magnéticos.
• Introdución aos transformadores: aspectos construtivos.
• O transformador ideal: fundamentos.
• Funcionamento dun transformador real.
• Circuíto equivalente do transformador real: fems e tensións.
• Ensaio en baleiro e en curtocircuíto do transformador.
• Caída de tensión, perdas e rendemento dun transformador.
• Autotransformadores.
• Transformadores trifásicos: constitución, esquemas de conexión e ensaios.
• Transformadores de Medida e Protección.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000