Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 CG1 Capacidade para a redacción, sinatura e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, que teñan por obxecto, segundo a especialidade, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais, e procesos de fabricación e automatización.
  B2 CG2 Capacidade para a dirección das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos na competencia CG1.
  B3 CG3 Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
  B4 CG4 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e capacidade para comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial na mención de Química Industrial.
  B5 CG5 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, planes de labores e outros traballos análogos.
  B6 CG6 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  B7 CG7 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
  B8 CG8 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
  B9 CG9 Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
  B10 CG10 Capacidade para traballar nun medio multilingüe e multidisciplinar.
  B11 CG11 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial. CG11 Conocimiento, comprensión y capacidad para aplicar la legislación necesaria en el ejercicio de la
  B12 CG12 Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñería Industrial no campo de Química Industrial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos.
Sinale C Código Habilidades
  C1 CE1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan presentarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
  C2 CE2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
  C3 CE3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
  C4 CE4 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica, e as súas aplicacións na enxeñaría.
  C5 CE5 Capacidade para a visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
  C6 CE6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa e marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
  C7 CE7 Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
  C8 CE8 Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de tubaxes, canais e sistemas de fluídos.
  C9 CE9 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese, o procesado e as propiedades dos materiais.
  C10 CE10 Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
  C11 CE11 Coñecementos dos fundamentos da electrónica.
  C12 CE12 Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
  C13 CE13 Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
  C14 CE14 Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
  C15 CE15 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
  C16 CE16 Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías ambientais e sustentabilidade.
  C17 CE17 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
  C18 CE18 Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
  C19 CE19 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores, e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
  C20 CE20 Capacidade para a análise, deseño, simulación e optimización de procesos e produtos.
  C21 CE21 Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelaxe de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
  C22 CE22 Capacidade para deseñar, xestionar e operar procedementos de simulación, control e instrumentación de procesos químicos.
Sinale D Código Competencias
  D1 CT1 Análise e síntese.
  D2 CT2 Resolución de problemas.
  D3 CT3 Comunicación oral e escrita de coñecementos.
  D4 CT4 Comunicación oral e escrita de coñecementos en lingua estranxeira.
  D5 CT5 Xestión da información.
  D6 CT6 Aplicación da informática no ámbito de estudo.
  D7 CT7 Capacidade para organizar e planificar.
  D8 CT8 Toma de decisións.
  D9 CT9 Aplicar coñecementos.
  D10 CT10 Aprendizaxe e traballo autónomos.
  D11 CT11 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  D12 CT12 Habilidades de investigación.
  D13 CT13 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
  D14 CT14 Creatividade.
  D15 CT15 Obxectivación, identificación e organización.
  D16 CT16 Razoamento crítico.
  D17 CT17 Traballo en equipo.
  D18 CT18 Traballo nun contexto internacional.
  D19 CT19 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
  D20 CT20 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000