Guia docente 2012_13
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Competencias


Carácter A Código Competencias Específicas
  A1 CG1 Capacidade para a redacción, sinatura e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, que teñan por obxecto, segundo a especialidade, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais, e procesos de fabricación e automatización.
  A2 CG2 Capacidade para a dirección das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos na competencia CG1.
  A3 CG3 Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
  A4 CG4 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e capacidade para comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
  A5 CG5 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, planes de labores e outros traballos análogos.
  A6 CG6 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  A7 CG7 Capacidade para analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
  A8 CG8 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
  A9 CG9 Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
  A10 CG10 Capacidade para traballar nun medio multilingüe e multidisciplinar.
  A11 CG11 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
  A12 FB1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan presentarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
  A13 FB2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
  A14 FB2a. Comprensión y dominio de los conceptos básicos sobre las leyes generales de la mecánica y campos y ondas y su aplicación para la resolución de problemas propios de la ingeniería.
  A15 FB2b. Comprensión y dominio de los conceptos básicos sobre las leyes generales de la termodinámica y electromagnetismo y su aplicación para la resolución de problemas propios de la ingeniería.
  A16 FB3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
  A17 FB4 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica, e as súas aplicacións na enxeñaría.
  A18 FB5 Capacidade para a visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
  A19 FB6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa e marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
  A20 RI1 Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
  A21 RI2 Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de tubaxes, canais e sistemas de fluídos.
  A22 RI3 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese, o procesado e as propiedades dos materiais.
  A23 RI4 Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
  A24 RI5 Coñecementos dos fundamentos da electrónica.
  A25 RI6 Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
  A26 RI7 Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
  A27 RI8 Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
  A28 RI9 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
  A29 RI10 Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías ambientais e sustentabilidade.
  A30 RI11 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
  A31 RI12 Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
  A32 TQ-1 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores, e valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
  A33 TQ-2 Capacidade para a análise, deseño, simulación e optimización de procesos e produtos.
  A34 TQ-3 Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelaxe de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
  A35 TQ-4 Capacidade para deseñar, xestionar e operar procedementos de simulación, control e instrumentación de procesos químicos.
Carácter B Código Competencias Transversais
  B1 CT1 Análise e síntese.
  B2 CT2 Resolución de problemas.
  B3 CT3 Comunicación oral e escrita de coñecementos na lingua propia.
  B4 CT4 Comunicación oral e escrita de coñecementos en lingua estranxeira.
  B5 CT5 Xestión da información.
  B6 CT6 Aplicación da informática no ámbito de estudo.
  B7 CT7 Capacidade para organizar e planificar.
  B8 CT8 Toma de decisións.
  B9 CS1 Aplicar coñecementos.
  B10 CS2 Aprendizaxe e traballo autónomos.
  B11 CS3 Planificar cambios que melloren sistemas globais.
  B12 CS4 Habilidades de investigación.
  B13 CS5 Adaptación a novas situacións.
  B14 CS6 Creatividade.
  B15 CP1 Obxectivación, identificación e organización.
  B16 CP2 Razoamento crítico.
  B17 CP3 Traballo en equipo.
  B18 CP4 Traballo nun contexto internacional.
  B19 CP5 Relacións persoais.
  B20 CP6 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
  B21 CP7 Liderado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000