Educational guide 2017_18
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Química orgánica industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resultados de aprendizaxe: adquirir un coñecemento xenérico dos produtos orgánicos máis importantes na industria, a súa aplicación no campo da biotenología e a química encimática; coñecer os factores que inflúen na estrutura química e as propiedades finais dos polímeros.
En cada unha das probas escritas exporanse problemas e exercicios que requiren a aplicación a casos concretas dos coñecementos adquiridos.
30 B3
B4
C4
D1
D2
D3
D9
D10
D16
D17
Prácticas de laboratorio Resultados de aprendizaxe: adquirir un coñecemento xenérico dos produtos orgánicos máis importantes na industria, a súa aplicación no campo da biotenología e a química encimática; coñecer os factores que inflúen na estrutura química e as propiedades finais dos polímeros.
Considerarase a actitude, a participación e a calidade do traballo realizado no laboratorio, ademais o alumno responderá as cuestións expostas en cada unha das prácticas realizadas.
20 B3
B4
C4
D1
D3
D9
D16
D17
Presentacións/exposicións Resultados de aprendizaxe: adquirir un coñecemento xenérico dos produtos orgánicos máis importantes na industria, a súa aplicación no campo da biotenología e a química encimática; coñecer os factores que inflúen na estrutura química e as propiedades finais dos polímeros.
Avaliarase a calidade dos contidos do traballo entregado, xunto coa presentación realizada e as respostas ás preguntas realizadas.
20 B3
B4
C4
D1
D3
D10
D16
Lección maxistral Resultados de aprendizaxe: adquirir un coñecemento xenérico dos produtos orgánicos máis importantes na industria, a súa aplicación no campo da biotenología e a química encimática; coñecer os factores que inflúen na estrutura química e as propiedades finais dos polímeros.
En cada unha das probas escritas incluiranse cuestións ou preguntas de resposta curta para a avaliación das competencias adquiridas en relación aos contidos da materia.
30 B3
B4
C4
D1
D3
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Probas parciais. Durante o curso realizaranse dúas probas parciais escritas, que incluirán preguntas de resposta curta e de problemas ou exercicios cun peso respectivo na cualificación final do 10 e 20%.

Exame final 1ª convocatoria:  Incluirá preguntas de resposta curta e problemas ou exercicios cun peso respectivo na cualificación final do 30%. 

1ª Edición da acta: A cualificación final será a suma das obtidas en todas as probas realizadas. prácticas de laboratorio, presentación do traballo e exames escritos, sempre que esta sexa igual ou superior a 5,0. Noutro caso reflectirase a suma das obtidas nas prácticas de laboratorio e na presentación do traballo realizado.

2ª Edición da acta: A cualificación será a obtida ao sumar a reflectida na primeira edición da acta coa obtida no exame correspondente á convocatoria extraordinaria.

Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e cualificación global académico será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000