Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Procesos e produtos biotecnolóxicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado O informe entregado do traballo tutelado avaliarase de acordo a uns criterios de calidade previamente establecidos e entregados aos alumnos
De acordo coa lexislación vixente, a calificación final será numérica e estará comprendida entre 0 e 10.
20
Seminario Ao finalizar as sesións de seminarios o alumno deberá elaborar unha memoria que recolla os aspectos esenciais abordados durante as sesións, así como a conclusión do traballo pendente.
A calificación final será a media das calificacións obtidas nos diferentes seminarios.
De acordo coa lexislación vixente, a calificación final será numérica e estará comprendida entre 0 e 10.
20 B4
B6
B10
C21
D1
D5
D9
D14
D15
D16
D17
Prácticas de laboratorio As prácticas avaliaranse de maneira continua. Os criterios de avaliación son:
i) Asistencia mínima do 80%
ii) Puntualidade
iii) Preparación previa das prácticas
iv) Aproveitamento das sesións
Os enunciados das prácticas estarán a disposición dos alumnos con antelación. Os alumnos entregarán unha memoria de cada sesión.
10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final formado por cuestións relacionadas con todo o material posto a disposición do alumnado durante as clases de teoría e os seminarios
De acordo coa lexislación vixente, a calificación final será numérica e estará comprendida entre 0 e 10
40 B3
B4
C19
C21
D2
D9
D10
D16
Traballos e proxectos Realizarase unha exposición do proxecto/traballo tutelado realizado durante o curso. O docente elixirá entre os integrantes do grupo de traballo quen/é realiza a exposición e defenden o traballo exposto.
De acordo coa lexislación vixente, a calificación final será numérica e estará comprendida entre 0 e 10
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario que o alumno obteña unha nota mínima de 4 sobre 10 nas metodoloxías de avaliación "seminarios", "traballos tutelados", "traballos e proxectos" para que se poida computar cada unha delas na avaliación global da materia.

En calquera caso, establécese a obrigatoriedade de aprobar a proba de resposta longa para poder aprobar a materia computando o resto de notas obtidas (Obrigatoriedade de obter unha nota mínima no exame dun 5 sobre un máximo de 10 puntos).

En segunda convocatoria o alumno deberá realizar unha proba de resposta longa similar á realizada en primeira convocatoria. Esíxese un mínimo de 5 puntos sobre 10 para aprobar a materia. Nesta convocatoria mantéñense as calificacións previas de seminarios probas curtas, informes e traballos.

Alumnos que se acollan á non avaliación continua deberán realizar un exame de respostas longas que suporá un 70% da nota final e un exame onde se recollerán aspectos relacionados coas prácticas realizadas e o material manexado nos seminarios realizados. Esta proba terá un valor do 30% da nota final. En ambos os casos para poder sumar as notas de ambas as probas esíxese a obrigatoriedade dunha nota mínima en ambas. Está nota mínima será de 5 sobre a 10 en ambos os casos.

Compromiso ético
Espérase
que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, e outros), considerarase
que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia. Neste caso a calificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0)

Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as
probas de avaliación salvo autorización expresa. O introducir un
dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo
de non superación da materia no presente curso académico e a calificación
global será de suspenso (0.0)
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000