Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Experimentación en química industrial I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Exercicios e/ou probas parciais que se fagan e entreguen ao profesor ao longo do curso, relacionados cos contidos da materia.
Ao longo do cuatrimestre realizáranse varias probas e cada alumno/a deberá entregar varios exercicios resoltos de forma autónoma.

As competencias CG3 e CE21 avalíanse en función das respostas de o/a alumno/a ás preguntas de teoría e da resolución dos problemas propostos. En ámbolos dous casos, o/a alumno/a, deberá aplicar coñecementos específicos desta materia xunto con coñecementos de materias básicas cursadas con anterioridade.

As competencias CT2, CT9 e CT10
avalíanse coa resolución, por parte de o/a alumno/a, de problemas relacionados co temario. Neste caso, ademáis de saber aplicar coñecementos, tamén deberá demostrar a súa capacidade para
resolver problemas de xeito autónomo
20 B3
B4
D2
D9
D10
Informe de prácticas Considerarase a asistencia, actitude, a participación e a calidade de o traballo realizado en o laboratorio.

Poderase considerar outras formas diferentes de presentar os resultados de as prácticas a saber, presentación como póster, artigo de investigación, etc.

As competencias CG3, CG4, CT6 e CT9 avalíanse en base á calidade do informe elaborado por o/a alumno/a ao terminar cada unha das prácticas, valorándose a redacción, estrutura e presentación do mesmo, a análise e o tratamento de datos realizado, así como as conclusións acadadas.
A competencia CT17 avalíase en base ao traballo realizado no laboratorio, onde as prácticas realízanse en grupos de 2 alumnos/as.
Ademais, o informe de prácticas débese elaborar e presentar en grupo.
20 B3
B4
D6
D9
D17
Outras A avaliación final do estudantado constará de dúas probas teórico-prácticas ponderadas ao 50% da cualificación total deste epígrafe. Na proba de contido teórico evaluarase a asimilación por parte do estudantado dos conceptos teóricos e prácticos da materia mediante unha proba escrita realizada ao final do período de clases en data establecida pola escola; a proba constará dun exame final constituído por problemas curtos e cuestións relativas ás prácticas de laboratorio.
As destrezas adquiridas cas prácticas de laboratorio evaluaranse mediante unha proba práctica de laboratorio onde o estudiantado deberá desenvolver un proceso experimental combinando varias das técnicas aprendidas.


As competencias CG3, CG4 e CE21 avalíanse no exame de teoría, en función das respostas de o/a alumno/a ás preguntas prantexadas.
As competencias CE21, CT2 e CT9 avalíanse no exame de problemas, en base á resolución por parte de o/a alumno/a de varios problemas de Enxeñaría Química, para o que terá que aplicar coñecementos adquiridos na aula.
A competencia CT10 avalíase nas dúas partes, posto que ámbolos dous exames esíxenlle a o/a alumno/a a capacidade de análise e síntese. Ademais, en ámbolos dous casos, o resultado obtido é unha medida do traballo realizado por o/a alumno/a de xeito autónomo.
60 B3
B4
C21
D2
D9
D10
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Criterios a seguir
para a cualificación final

1. Estudantado que segue
a avaliación continúa

De acordo co recollido nos apartados anteriores, a cualificación
do estudantado que segue a materia en réxime de avaliación continua farase do seguinte
xeito.

a)  Obrigatoriedade
de facer e aprobar ámbalas dúas probas das que consta o epígrafe “Outras”. “NON” aprobará a materia quen non faga e/ou aprobe a proba de contido
teórico e a proba de laboratorio. Cada unha destas probas supón o 50% da cualificación
outorgada ao epígrafe “Outras”.

b)  O estudantado
que cumpra a condición dada no apartado a), aprobará a materia sempre e cando a
suma das cualificacións dos tres epígrafes de avaliación (probas de resposta curta,
informes de prácticas, e “outras”) sexa maior ou igual a 5.

2. Estudantado con
renuncia oficial a la avaliación continúa

Aqueles estudantes aos que a dirección da escola concedera
a renuncia á avaliación continua deberán
realizar e aprobar
un exame final consistente en: i) resolución de
problemas curtos (30% da nota total), ii) cuestións sobre fundamentos teóricos da
experimentación (20% da nota total) e iii)cuestións relacionadas ca
experimentación no laboratorio (50% da nota total)

Segunda Convocatoria

Manterase  a cualificación das probas de resposta curta e o informe de prácticas debendo realizar as demais probas de avaliación establecidas.

Para o estudiantado con renuncia oficial á avaliación continua segen os mesmos criterios que na primera convocatoria.

Compromiso ético:

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento "non ético" (copia, plaxio, emprego de dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO (0,0 ptos).

Non se permitirá o emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000