Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Experimentación en química industrial I
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Experimentación en química industrial I Código V12G350V01505
Titulación
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Álvarez da Costa, Estrella
Correo-e ealvarez@uvigo.es
Profesorado
Álvarez da Costa, Estrella
Web
Descrición xeral O éxito na praxe da Química Industrial require non só coñecementos teóricos senón tamén habilidades prácticas. Xa sexa a nivel de deseño conceptual de proceso, laboratorio ou planta piloto, ou mesmo nos procesos a escala industrial, son numerosos os escenarios nos que o enxeñeiro se atopa ante a necesidade de experimentar.

Ás veces trátase de entender un proceso a través das variables que lle afectan. Outras, de atopar os valores excelentes das mesmas, co fin de producir con menores custos, consumos enerxético, de materias primas ou minimizar os impactos ambientais. Tamén, deseñar unha planta ou obter datos para o deseño dunha nova.

O obxectivo da materia “EXPERIMENTACIÓN EN QUÍMICA INDUSTRIAL", partes I e II, é capacitar ós alumnos para a realización das actividades experimentais da profesión da Química Industrial tales como: Operar con equipos de laboratorio para a separación/purificación de mesturas multicompoñentes, extraer principios activos de matrices sólidas, obter produtos de alto valor engadido mediante a utilización de reactores químicos ou determinar os parámetros cinéticos, termodinámicos ou de transferencia a considerar nas operacións propias da industria quimica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000