Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Química industrial
   Contidos
Tema Subtema
Introdución aos procesos da Industria Química. Tema 1. Aspectos xerais dos procesos químicos. Características e estrutura sectorial da industria química. Situación da industria química española no contexto europeo e mundial. Mellores Técnicas Dispoñibles.
Economía de procesos de química industrial. Tema 2. Elaboración de orzamento. Análise de custos e beneficios. Criterios de viabilidade económica: Valor Actual Neto, Taxa Interna de Rendemento, Tempo de retorno.
Procesos de química industrial de importancia no entorno socioeconómico: a industria do aluminio, do papel, do refino de petróleo e dos biocombustibles. Tema 3. A industria do aluminio: Materias primas básicas e características. Fabricación de alúmina. O proceso Bayer.

Tema 4. A industria do papel: Métodos de fabricación de pasta. Diferentes tecnoloxías para a fabricación de papel. Problemática ambiental. Reciclaxe do papel.

Tema 5. Petroquímica: Introdución á industria petroquímica. A industria do refino. Diagrama de fluxo xeral dunha refinaría petroquímica. Diferentes tecnoloxías de transformación do cru para a obtención de produtos de valor engadido.

Tema 6. Introdución aos procesos biotecnolóxicos: etapas fundamentais, acondicionamento de materias primas, reaccion biolóxica e recuperación de produtos.

Tema 7. Biocombustibles: Características xerais e marco legal. Vantaxes. Produción de biodiesel e etapas do proceso. Produción de bioetanol e comparación de estratexias de produción. Produción e aplicacións de biogas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000