Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Enxeñaría química II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Desenvolveranse nos horarios fixados pola dirección do centro. A través desta metodoloxía farase a presentación estructurada dos temas co fin de facilitar información organizada.
Consistirá na exposición por parte do profesor dos contidos teóricos e prácticos da materia, mediante o uso de medios audiovisuais. Estimularase a participación dos/as alumnos/as a través da formulación/contestación de preguntas, exposición de puntos de vista, etc
Resolución de problemas A través desta metodoloxía realizarase a resolución de exemplos e exercicios ilustrativos da materia impartida nas sesións maxistrais co fin de facilitar a comprensión do material dado nas sesións maxistrais. Buscarase a interacción profesor-alumno solicitando a participación do alumno na resolución activa dos exercicios.
Seminario A través desta metodoloxía traballarase con cotidos prácticos o material achegado nas sesións maxistrais. O alumno deberá empregar os coñecementos adquiridos para a resolución das cuestións propostas.
Presentación A través desta metodoloxía o alumno deberá expor diante do docente e o resto de alumnos un tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo autónomos. Esta metodoloxía levará a cabo de maneira colectiva sendo un membro do grupo elixido ao azar quen realice a exposición e defensa do tema / traballo.
Traballo tutelado Desenvolverase un traballo en grupo relacionado coa temática exposta durante o curso polo profesor da materia tomando como partida parte do temario da materia ou artigos científicos relacionados coa materia.
Prácticas de laboratorio A través desta metodoloxía dotarase ao alumnado de exemplos prácticos que axuden á comprensión do material achegado nas sesións maxistrais. O alumno deberá empregar os coñecementos adquiridos para a resolución das cuestións expostas nas memorias das prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000