Educational guide 2017_18
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Enxeñaría química II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Desenvolveranse nos horarios fixados pola dirección do centro. A través desta metodoloxía farase
a presentación estruturada dos temas co fin de facilitar información organizada.
Consistirá na exposición por parte do profesor dos contidos teóricos e prácticos da materia,
mediante o uso de medios audiovisuais. Estimularase a participación dos alumnos a través da
formulación/contestación de preguntas, exposición de puntos de vista, etc
Resolución de problemas A través desta metodoloxía realizarase a resolución de exemplos e exercicios ilustrativos da materia impartida nas sesións maxistrais co fin de facilitar a comprensión do material dado nas sesións maxistrais. Buscarase a interacción profesor-alumno solicitando a participación do alumno na resolución activa dos exercicios.
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Resolución, de forma autónoma, de exercicios prácticos relacionados co temario da materia.
Traballo tutelado Desenvolverase un traballo en grupo relacionado coa temática da materia que será proposto polo profesor da materia tomando como partida parte do temario da materia ou artigos científicos relacionados coa materia.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos adquiridos a situacións concretas relacionadas coa temática da materia
Presentacións/exposicións Os alumnos realizarán unha presentación do traballo tutelado realizado así como das prácticas sendo avaliados polo profesor da materia e o resto de alumnos mediante a aplicación dunha rubrica con criterios de avaliación que se darán a coñecer previamente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000