Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
Materias
Fundamentos de electrotecnia
Avaliación
Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Avaliarase o nivel de seguimento por parte do alumnado dos contidos da materia.

A este efecto desenvolveranse durante o curso polo menos tres probas curtas a realizar descontando o tempo do dedicado ás clases de aula. Tentarase no posible realizar as probas dentro do horario habitual de clase, con todo o profesor/a pode considerar conveniente realizar a proba noutro horario, previamente anunciado, sempre que non coincida con clases teoría/prácticas do mesmo curso e titulación, e que conte con permiso da Dirección do Centro.

Cada proba constará dun conxunto de pequenos exercicios para os cales cada alumno/a proporá unha resposta, se é correcta conta como un acerto e se é errónea ou se deixa en branco non puntúa, cada proba valórase entre 0 e 10 puntos.

A avaliación do conxunto de test é a media *aritmética das puntuacións obtidas, está comprendida entre 0 e 10
15 B3
C10
D1
D2
D10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase un exame xeral con dúas seccións, unha correspondente aos contidos de teoría de circuítos e a outra correspondente aos de máquinas eléctricas, que poden incluír tanto cuestións teóricas como exercicios de aplicación.

Cada sección avaliarase entre 0 e 10 puntos esixíndose un mínimo de 3 puntos en cada unha delas para poder aprobar a materia
70 B3
C10
D1
D2
D6
D10
D14
Informes/memorias de prácticas Valorarase positivamente a realización das prácticas e a resolución dun cuestionario referido á montaxe, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.

A realización de cada práctica e resolución do cuestionario valorarase entre 0 e 10 puntos

A avaliación do conxunto de prácticas é a media *aritmética das puntuacións obtidas, está comprendida entre 0 e 10
15 B3
C10
D1
D2
D6
D10
D14
D16
D17
D19

Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota numérica final obtense pola media ponderada dos ítemsanteriores:

Nota = 0,15xPruebas curtas + 0,15xPrácticas + 0,7xExamen

Si como resultado da aplicación da media ponderada anteriora nota final é superior a 4,5 puntos pero non se cumpre a condición de alcanzarun mínimo de 3 puntos en cada parte do final, a nota máxima será de 4,5 puntos

Tanto a realización dos test, como a asistencia ás prácticase entrega dos cuestionarios das mesmas, forman parte do proceso de avaliacióncontinua do alumno, valorándose cada unha destas actividades ata 1,5 puntossobre 10 na cualificación final.

O profesorado desta materia considera xustificado que oalumnado poida presentarse a un exame final tendo opcións de aspirar á máximacualificación posible, xa que logo aqueles alumnos que desexen mellorar acualificación correspondente á avaliación continua poderán presentarse a unexame adicional a continuación do exame xeral, no que se incluirán preguntasrelativas aos contidos da docencia tanto de aula como de laboratorio, evaluableentre 0 e 10 puntos, e que poderá supoñer ata un 30% da cualificación final comesmo reparto que se outorga na avaliación continua, nese exame pódeserecuperar unha das partes ou ambas. En caso de realizalo a cualificación que seterá en conta para valorar as actividades de avaliación continua será a doexame adicional.

O alumno que desexe renunciar ás actividades correspondentesá avaliación continua dispón dun prazo para facelo, nese caso a cualificaciónmáxima a que se pode aspirar co exame final é de 7 puntos sobre 10, con todopode aumentar a súa cualificación realizando o exame adicional comentado nopárrafo anterior.

Para a segunda oportunidade de Xuño - Xullo mantense a última cualificación na avaliación continua obtida durante o propio curso, é dicir, ou ben a obtida polas actividades regulares ou a do exame adicional si realizouse, sen prexuizo de que, do mesmo xeito que na primeira oportunidade de Decembro - Xaneiro, poida ser superada pola realización do exame adicional que se propoña a ese efecto. A cualificación que se terá en conta para valorar as actividades de avaliación continua será a da última nota alcadada.

A condición de Non Presentado se reserva en exclusiva aoalumnado do cal non consta ningunha cualificación durante o curso, é dicir, quenon realice ningunha proba curta nin práctica de laboratorio nin se presentouao exame xeral. O feito de non presentarse ao exame final non supón aconsideración de NP si xa se ten unha cualificación nas actividades deavaliación continua durante o curso, neste caso a nota final é a quecorresponde á avaliación continua.

Cada nova matrícula na asignatura supón unha posta a cerodas cualificacións nas actividades de avaliación continua obtida en cursosanteriores.

Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento éticoadecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plagio,utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo)considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar amateria. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será desuspenso (0,0)

Notas de interese sobre a materia

É moi recomendable que os alumnos teñan coñecementossuficientes do álgebra dos números complexos e haber cursado as asignaturas deFísica de primeiro curso.

Para matricularse nesta materia é necesario superar ou benestar matriculado de todas as materias dos cursos inferiores ao curso en queestá situado esta materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000