Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Fundamentos de electrotecnia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá nas clases de grupos grandes os contidos da materia.
Resolución de problemas e/ou exercicios Exporanse e resolverán problemas e exercicios tipo nas clases de grupos grandes como guía para o alumnado.
Prácticas de laboratorio Realizaranse no laboratorio montaxes prácticas correspondentes aos contidos vistos na aula, ou ben se tratarán aspectos complementarios non tratados nas clases teóricas.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma É moi aconsellable que o alumno trate de resolver pola súa conta exercicios e cuestións da materia propostos polo profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000