Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Química Industrial
 Materias
  Química: Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumnado deberá resolver de xeito autónomo, e entregar periódicamente, os problemas ou exercicios formulados polo docente.

Valoraranse tanto os resultados acadados, como o procedemento seguido na súa execución.

Dacordo ca lexislación vixente, a cualificación final será numérica e estará comprendida entre 0 e 10.
10 B3
C4
D2
D3
D10
Probas de tipo test A finalidade desta proba, que se levará a cabo na data da convocatoria ofical de exames, é avaliar o nivel de coñecementos teóricos acadado polo alumno nas sesións de aula. Serán probas escritas tipo test, de resposta múltiple, nas que o alumno poderá acadar unha cualificación numérica comprendida entre 0 e 10, de acordo ca lexislación vixente. 40 B3
C4
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación dos coñecementos acadados polo alumno nos seminarios de problemas, farase mediante unha proba escrita, na convocatoria oficial de exames, na que o alumno deberá resolver 4 ou 5 problemas relacionados ca materia obxecto de estudo.

A proba cualificaranse, segundo a lexislación vixente, cunha cualificación final numérica comprendida entre 0 e 10.
40 B3
C4
D2
D3
D10
Informes/memorias de prácticas O remate de cada práctica o alumno ou alumna deberá elaborar un informe detallado sobre a mesma, no que se inclúan aspectos tales como: Obxectivo e fundamentos teóricos da práctica, procedemento seguido, materiais empregados, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.

Valorarase, ademais do contido, a comprensión da práctica, a capacidade de síntese, a redacción e presentación do informe, así como a aportación persoal do alumno ou alumna.

A cualificación final, comprendida entre 0 e 10, será a media das cualificacións obtidas nos diferentes informes realizados ó longo do curso.
10 C4
D3
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os exames finais tipo
test e de problemas soamente se considerarán na ponderación final cando teñan
unha cualificación superior ou igual a 4. No caso de que a nota media sexa
maior ou igual de 5, pero a cualificación dalgún dos exames de teoría ou
problemas sexa inferior a 4, será esa nota limitante, que non permite facer a
media, a que figurará na acta. A asistencia a algunha sesión de prácticas ou a
algunha proba de seminario implica que o alumno está a ser avaliado, polo que a
súa cualificación na acta non poderá ser "non presentado".

Para a segunda
convocatoria mantéñense as cualificacións de avaliación continua (tanto das
probas dos seminarios de problemas como de prácticas) obtidas ao longo do
curso, así como as cualificacións iguais ou superiores a 5 das probas tipo test
ou de problemas obtidas na primeira convocatoria.

Aqueles alumnos que
obteñan oficialmente a renuncia á avaliación continua realizarán, na data
oficial de exames das dúas convocatorias, un exame de problemas e unha proba
tipo test de teoría, que se ponderarán nun 50% cada unha das probas na súa
cualificación final, sendo necesario obter unha cualificación superior ou igual
a 4 en cada exame.

Non se permitirá a
utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación
salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico
non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da
materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso
(0.0).

Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de
detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizado, e outros) considérase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global
no actual curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000