Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Competencias


Carácter CB Código Competencias Básicas
  CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Carácter CG Código Competencias Xerais
  CG1 CG 1. Coñecer e aplicar coñecementos de ciencias e tecnoloxías básicas á práctica da enxeñaría industrial.
  CG2 CG 2. Posuír capacidade para deseñar, desenvolver, implantar, xestionar e mellorar produtos, sistemas e procesos nos distintos ámbitos industriais, empregando técnicas analíticas, computacionais ou experimentais apropiadas.
  CG3 CG 3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
  CG4 CG 4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
  CG5 CG 5. Coñecemento para a realización de medicións, cálculos, valoracións, estudos, informes, plans de labores e outros traballos análogos.
  CG6 CG 6. Capacidade para o manexo de de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  CG7 CG 7. Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
  CG8 CG 8. Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
  CG9 CG 9. Organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións de proxectos e equipos humanos.
  CG10 CG 10. Capacidade para traballar nun entorno bilingüe (inglés-castelán).
  CG11 CG 11. Coñecemento, compresión e capacidade para aplicar a lexislación no exercicio da profesión.
Carácter CE Código Competencias Específicas
  CE1 CE1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan presentarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
  CE2 CE2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, así como a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
  CE3 CE3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
  CE4 CE4 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica, e as súas aplicacións na enxeñaría.
  CE5 CE5 Capacidade para a visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
  CE6 CE6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa e marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
  CE7 CE7 Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
  CE8 CE8 Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de tubaxes, canais e sistemas de fluídos.
  CE9 CE9 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese, o procesado e as propiedades dos materiais.
  CE10 CE10 Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
  CE11 CE11 Coñecementos dos fundamentos da electrónica.
  CE12 CE12 Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
  CE13 CE13 Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
  CE14 CE14 Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
  CE15 CE15 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
  CE16 CE16 Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías ambientais e sustentabilidade.
  CE17 CE17 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
  CE18 CE18 Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
  CE19 CE19 Capacidade para analizar as necesidades dunha organización e os procesos e sistemas de información apropiados, utilizando para iso os métodos, ferramentas e normas adecuadas.
  CE20 CE20 Coñecementos para realizar unha xestión formal dos sistemas de información e das comunicacións dunha organización.
  CE21 CE21 Capacidade de planificar, organizar e mellorar a produción e a loxística nunha empresa industrial ou de servizos.
  CE22 CE22 Capacidade para resolver problemas de sistemas organizativos, así como a súa correcta modelaxe e simulación. Coñecementos de diferentes técnicas de optimización para o cálculo da solución de modelos.
  CE23 CE23 Coñecementos sobre os fundamentos da administración e dirección de empresas e os procesos de xestión.
  CE24 CE24 Capacidade para organizar, planificar, controlar, supervisar e liderar equipos multidisciplinares.
  CE25 CE25 Coñecementos sobre a xestión da calidade, seguridade e ambiente, así como as distintas metodoloxías de mellora.
  CE26 CE26 Coñecementos sobre os fundamentos de financiamento e o investimento da empresa e das ferramentas específicas para a súa análise financeira.
  CE27 CE27 Capacidade para detectar oportunidades de negocio e coñecer as bases para o desenvolvemento dun plan de negocio. Coñecementos para realizar unha análise de mercado a un produto/servizo e deseñar unha campaña de marketing.
  CE28 CE28 Capacidade para realizar un diagnóstico do medio empresarial, sendo capaz, mediante a análise de mercados, de innovar produtos e fomentar a innovación das empresas.
  CE29 TIE1 Coñecemento aplicado de electrotecnia.
  CE30 TIE2 Coñecemento dos fundamentos e aplicacións da electrónica analóxica.
  CE31 TIE5 Coñecemento aplicado de instrumentación electrónica.
  CE32 TIE8 Coñecementos de regulación automática e técnicas de control e a súa aplicación á automatización industrial.
  CE33 TM3 Coñecementos aplicados de enxeñaría térmica.
  CE34 TM7 Coñecementos e capacidades para a aplicación da enxeñaría de materiais.
  CE35 TM8 Coñecemento aplicado de sistemas e procesos de fabricación, metroloxía e control da calidade.
Carácter CT Código Competencias Transversais
  CT1 CT1 Análise e síntese.
  CT2 CT2 Resolución de problemas.
  CT3 CT3 Comunicación oral e escrita de coñecementos na lingua propia.
  CT4 CT4 Comunicación oral e escrita de coñecementos en lingua estranxeira.
  CT5 CT5 Xestión da información.
  CT6 CT6 Aplicación da informática no ámbito de estudo.
  CT7 CT7 Capacidade para organizar e planificar.
  CT8 CT8 Toma de decisións.
  CT9 CT9 Aplicar coñecementos.
  CT10 CT10 Aprendizaxe e traballo autónomos.
  CT11 CT11 Planificar cambios que melloren sistemas globais.
  CT12 CT12 Habilidades de investigación.
  CT13 CT13 Adaptación a novas situacións.
  CT14 CT14 Creatividade.
  CT15 CT15 Obxectivación, identificación e organización.
  CT16 CT16 Razoamento crítico.
  CT17 CT17 Traballo en equipo.
  CT18 CT18 Traballo nun contexto internacional.
  CT19 CT19 Relacións persoais.
  CT20 CT20 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
  CT21 CT21 Liderado.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Aviso Legal