Informe de prácticas |
AVALIACIÓN CONTINUA Cada estudante deberá presentar un informe/formulario relativo a cada unha das prácticas informáticos/laboratorio que se realicen. Para iso é imprescindible asistir á práctica no día/hora fixado pola dirección do centro. Non haberá recuperación de prácticas. O prazo de presentación é dunha semana desde que se realizou a práctica. A nota neste apartado calcularase como a nota media de todos os informes, tanto se o estudante presentou o correspondente informe coma se non o presentou (cero puntos). |
10 |
|
B3
|
C29
|
D1 D2 D6 D10 D14 D16 D17 D19
|
Traballos e proxectos |
AVALIACIÓN CONTINUA O estudante deberá realizar en grupo e expor dous traballos ao longo do curso:
a) Un traballo relativo ao Tema "Instalacións Eléctricas"
b) Un traballo relativo ao Tema "Eficiencia en Instalacións Eléctricas"
Os traballos entregaranse en datas que se publicarán en FAITIC ao comezo da materia.
Unha vez revisado pola profesora, cada grupo presentará o seu traballo ante a profesora en horario de tutorías previamente asignado. Disporán de 10 minutos para a exposición, a continuación a profesora realizará as preguntas que estime convenientes. A nota de cada traballo terá en conta o proxecto presentado, a exposición e as repostas ás preguntas, podendo ser diferente para cada membro do grupo.
A nota obtida calcularase como media da de cada un dos traballos. |
20 |
|
B3
|
C29
|
D1 D2 D10 D14 D16 D17 D19
|
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Na data oficial de exame fixada pola Dirección do Centro realizarase un exame no que se avaliará o 100% da materia impartida ao longo do curso. Haberá unha parte teórica, con preguntas de resposta curta ou longa que valerá o 30% deste exame. Haberá unha parte práctica que se valorará co 70% deste exame. |
60 |
|
B3
|
C29
|
D1 D2 D10
|
Para poder obter a máxima cualificación da materia nos exames finais, aqueles alumnos que así o soliciten poderán presentarse a un exame adicional no que se poderán incluír:
-Preguntas tipo test/ resposta curta.
-Preguntas/problemas relativas ás prácticas en aula informática/laboratorio.
-Preguntas de desenvolvemento/problemas relativas aos temas obxecto dos traballos de curso.
A recuperación refírese ao total da Avaliación Continua, non admitíndose recuperar só una das partes. Realizarase o mesmo día que o exame fixado pola dirección do centro en cada convocatoria, e comezará ao finalizar a Proba Longa.
En resumo, a avaliación final en cada Convocatoria Oficial poderá ter dous métodos:
Tipo A) O habitual, no que a Nota Final da Convocatoria= 0,1*NotaTest+0,1*InformesPrácticas+0,2*Traballos+0,6*Proba longa
Tipo B) A solicitude expresa do estudante , no que a Nota Final da Convocatoria= 0,4*RecuperaciónEvaluaciónContCurso+0,6*Proba longa
Co comezo de cada curso académico, todas as notas de cursos anteriores ponse a cero, tanto de test, como de prácticas, traballos ou probas longas.
Compromiso ético: Espérase que o alumno/a presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non
ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |