Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Instrumentación electrónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio avaliaranse de forma continua (sesión a sesión). Os criterios de avaliación son:
- Asistencia mínima da 80%
- Puntualidade
- Preparación previa das tarefas.
As sesións de prácticas realizaranse en grupos de dous alumnos.
Ao finalizar cada unha das sesións de prácticas, os alumnos deberán de presentar unha folla de resultados, esta e o traballo realizado servirán como elementos de avaliación.
5 D2
D9
D17
Presentacións/exposicións Os mellores traballos tutelados serán presentados ao profesor e se desenvolvemento das clases prácticas permíteo, a toda a clase. 5 D3
Traballos tutelados Unha vez realizado o traballo tutelado, os alumnos deberán de elaborar unha memoria descritiva. Fixarase un día para a entrega da memoria e a presentación do traballo realizado. Esta nota formará parte da avaliación continua. 30 D2
D3
D9
D17
Probas de tipo test Ao finalizar o cuadrimestre realizarase unha proba escrita de tipo test, na data indicada polo centro. 10 C11
C30
C31
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Nas datas indicadas polo calendario de exames do centro, realizaranse
as probas finais que consistirán en preguntas de teoría e
problemas de desenvolvemento.
50 B3
C31
D2
D9
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As probas de resposta longa e o tipo test, realizaranse nas
datas fixadas polo centro e representará o 60% da nota final. O 40%
restante corresponderá á nota obtida ao longo do curso, mediante
avaliación continua, das prácticas de laboratorio e dos traballos
tutelados. En cada unha destas avaliacións esixirase unha nota mínima do
30%. Os
alumnos aos que
a dirección do centro lles recoñeza a súa renuncia á avaliación continua, deberán de presentarse á
proba final. Esta representará unha 60% da nota, o 40% restante obterase mediante un exame de prácticas e a realización dun traballo. Neste
caso, o exame de prácticas e o traballo terán carácter obrigatorio, e
nas devanditas probas deberase obter unha nota mínima do 50%. Na
segunda convocatoria procederase da mesma forma. A
nota de práctica só gardásese un curso académico.

Compromiso
ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso
de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global
no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000