Educational guide 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Xestión da calidade, a seguridade e a sostibilidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realización e presentación dun traballo práctico relacionado cos contidos da materia 15
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 10 B6
B7
B8
C25
D1
D2
Exame de preguntas obxectivas Proba tipo test e/ou de preguntas curtas sobre aspectos concretos dos contidos da materia. Os alunos/as deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 51
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios e/ou casos prácticos. 25 B6
B7
B8
C25
D1
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Avaliación continua
Para superar a materia por avaliación continua, o aluno/a deberá superar as prácticas, un traballo práctico individual ou en grupo, e o exame final.
Para superar as prácticas, o aluno/a deberá asistir, e presentar as memorias correspondentes, a aquelas prácticas que sexan consideradas obrigatorias polo profesorado ao longo do curso. As memorias presentadas deberán reunir a calidade suficiente a xuízo do profesor para poder superar as prácticas. No caso de falta de asistencia ás prácticas obrigatorias, o aluno/a deberá presentar igualmente as memorias correspondentes, e ademáis elaborar e aprobar un traballo compensatorio relacionado con cada práctica á que no asistira, indicado polo profesor correspondente.
Ademáis, o aluno/a deberá elaborar de forma individual ou en grupo (o número de persoas será indicado polo profesor), e expoñer ao final do curso, un traballo práctico, que será plantexado polo profesor correspondente ao comenzo do curso. En caso de aprobar este traballo, a nota obtida suporá un 15% da calificación total.
O aluno/a que teña pendente o traballo práctico da materia, poderá recuperalo unicamente na convocatoria de xuño.
Ademáis, o aluno/a deberá superar o exame final da materia, cunha parte teórica (70% da nota), composta por un test e preguntas de resposta curta, e outra práctica (exercicios, 30% da nota).
Previamente ao exame final farase unha proba de seguemento, cara á metade do curso, que será liberatoria, da materia incluida nela, para o exame final. Esta proba terá unha parte teórica (70% da nota), composta por un test e preguntas de resposta curta, e outra práctica (exercicios, 30% da nota)

Convocatorias oficiais
- O aluno/a terá que presentarse a un exame final, cunha parte teórica (70% da nota), composta por un test e preguntas de resposta curta, e outra práctica (exercicios, 30% da nota).
- O aluno/a que teña superadas as prácticas e o traballo, e que teña superada a proba de seguemento intermedia, fará unha proba reducida correspondente á materia restante, cunha parte teórica (70% da nota) e outra práctica (exercicios, 30% da nota).
- O aluno/a que teña superadas as prácticas e o traballo, e non teña superada a proba de seguemento intermedia, fará unha proba reducida correspondente a todo o contido da materia, cunha parte teórica (70% da nota) e outra práctica (exercicios, 30% da nota).
- O alumo/a que non supere as prácticas e/ou non presente o traballo da materia, fará unha proba con valor do 100% da nota (70% para a parte teórica e 30% para a parte práctica), con independencia de que teña superada ou non a proba de seguemento intermedia no seu momento.

Aclaracións
- A calificación final calcularase a partires das notas das distintas probas, tendo en conta a ponderación destas:
·        Probas: 85% da calificación final.
.        Traballo práctico: 15% da calificación final.
Dentro de cada proba:
·        Parte teórica: 70%
·        Parte práctica (exercicios): 30%
De calquer xeito, para superar a materia é condición necesaria superar tódalas partes sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar) e ter unha media de aprobado (nota igual ou superior a 5). Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se acade o valor mínimo de 4, a calificación final será de suspenso.

A xeito de exemplo, un aluno/a que obteña as seguintes calificacións: 8 e 3, estaría suspenso, aínda que a nota media da un valor superior a 5, xa que ten unha nota inferior a 4 nunha das partes. Nestes casos, a nota que se reflectirá na acta será "suspenso (4,0)".

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a calificación global será de “suspenso (0,0)”.

Compromiso ético
Espérase que o aluno/a presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o aluno/a non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a calificación global no presente curso académico será de “suspenso (0,0)”.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000