Guia docente 2012_13
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Xestión da calidade, a seguridade e a sostibilidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos O estudante presenta un traballo de contido relativo aos contidos da materia, que será especificado ao inicio do curso. Poderase levar a cabo de maneira individual ou en grupos de dous estudantes. 10
Informes/memorias de prácticas O estudante presenta unha memoria de cada práctica. Poderase levar a cabo de maneira individual ou en grupo, segundo o caso. 20
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Faranse dúas ao longo do curso, nas clases de aula, distribuidas de xeito uniforme e programadas para que non interfiran no resto das materias. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua



O aluno/a deberá elaborar as memorias das prácticas que se lle encomenden
ao longo do curso. No caso de aprobar estas memorias, a nota obtida nelas
suporá un 30% da cualificación total. Permitiranse dúas faltas de asistencia a
prácticas, aínda que nestes casos o aluno/a deberá facer igualmente un traballo
relacionado con cada práctica á que non asistiu, acordado co profesor
correspondente.



Ademáis, o aluno/a deberá elaborar, de xeito individual ou en parella, e exponer
ao final do curso, un traballo práctico que será plantexado polo profesor ao
comezo do curso. No caso de aprobar este traballo, a nota obtida nel suporá un 10%
da cualificación total.



Ademáis, haberá dúas probas de seguimento ao longo do curso, que serán
liberatorias do exame final se son ambas aprobadas polo aluno/a, e neste caso terán
un valor do 70% da cualificación total.



O aluno/a que teña pendente só unha proba de seguimento, poderá recuperala únicamente
na convocatoria de Xuño.



O aluno/a que teña pendente só o traballo práctico da materia, poderá
recuperalo únicamente na convocatoria de Xuño.



Convocatorias oficiais



O aluno/a que non supere as memorias das prácticas, ou teña pendentes as
dúas probas de seguimento, terá que presentarse un exame final,
teórico-práctico, con valor do 100% da nota.



Os alunos/as que teñan superadas as memorias de
prácticas e o traballo da materia, e só teñan pendente as probas de seguimento,
farán unha proba reducida cunha parte teórico-práctica (70% da nota) e
outra de exercicios (30% da nota).



Os alunos/as que non teñan superadas as memorias de
prácticas farán unha proba completa cunha parte teórico-práctica (70% da
nota) e outra de exercicios (30% da nota).



Aclaracións



Para compensar será sempre necesario, en probas
teórico prácticas, en memorias de prácticas, ou no traballo da materia, acadar
unha puntuación mínima de 4,5 puntos, e que o resto das notas estean tamén por
riba deste valor mínimo, e que o valor medio resultante sexa maior ou igual a
5.



Exemplos:



4,5 + 4,5 + 6 (nota media = 5) compensa.



4,5 + 4 + 6,5 (nota media = 5) non compensa (xa que
unha nota é < 4,5).



Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000