Avaliación continua
O aluno/a deberá elaborar as memorias das prácticas que se lle encomenden
ao longo do curso. No caso de aprobar estas memorias, a nota obtida nelas
suporá un 30% da cualificación total. Permitiranse dúas faltas de asistencia a
prácticas, aínda que nestes casos o aluno/a deberá facer igualmente un traballo
relacionado con cada práctica á que non asistiu, acordado co profesor
correspondente.
Ademáis, o aluno/a deberá elaborar, de xeito individual ou en parella, e exponer
ao final do curso, un traballo práctico que será plantexado polo profesor ao
comezo do curso. No caso de aprobar este traballo, a nota obtida nel suporá un 10%
da cualificación total.
Ademáis, haberá dúas probas de seguimento ao longo do curso, que serán
liberatorias do exame final se son ambas aprobadas polo aluno/a, e neste caso terán
un valor do 70% da cualificación total.
O aluno/a que teña pendente só unha proba de seguimento, poderá recuperala únicamente
na convocatoria de Xuño.
O aluno/a que teña pendente só o traballo práctico da materia, poderá
recuperalo únicamente na convocatoria de Xuño.
Convocatorias oficiais
O aluno/a que non supere as memorias das prácticas, ou teña pendentes as
dúas probas de seguimento, terá que presentarse un exame final,
teórico-práctico, con valor do 100% da nota.
Os alunos/as que teñan superadas as memorias de
prácticas e o traballo da materia, e só teñan pendente as probas de seguimento,
farán unha proba reducida cunha parte teórico-práctica (70% da nota) e
outra de exercicios (30% da nota).
Os alunos/as que non teñan superadas as memorias de
prácticas farán unha proba completa cunha parte teórico-práctica (70% da
nota) e outra de exercicios (30% da nota).
Aclaracións
Para compensar será sempre necesario, en probas
teórico prácticas, en memorias de prácticas, ou no traballo da materia, acadar
unha puntuación mínima de 4,5 puntos, e que o resto das notas estean tamén por
riba deste valor mínimo, e que o valor medio resultante sexa maior ou igual a
5.
Exemplos:
4,5 + 4,5 + 6 (nota media = 5) compensa.
4,5 + 4 + 6,5 (nota media = 5) non compensa (xa que
unha nota é < 4,5).