Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Administración de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba tipo test e/ou de preguntas curtas sobre aspectos concretos dos contidos da materia. Os alunos/as deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 40 B9
C23
C26
D5
D9
D16
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios prácticos de rexistro contable e análise económico-financieiro da empresa. 40 B9
C23
C26
D5
D6
D8
D9
D16
Traballo É un texto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo unhas normas establecidas. 20 B9
C23
C26
D5
D6
D8
D9
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Para superar a materia por avaliación continua, o aluno/a deberá superar as prácticas, un traballo práctico en grupo, e o exame final.

Para superar as prácticas, o aluno/a deberá asistir, e presentar as memorias cando sexa esixido, a aquelas prácticas que sexan consideradas obrigatorias polo profesorado ao longo do curso. As memorias presentadas deberán reunir a calidade suficiente a xuízo do profesorado para poder superar as prácticas. En caso de falta de asistencia ás prácticas obrigatorias, o aluno/a deberá presentar igualmente as memorias correspondentes, e ademais elaborar e aprobar un traballo compensatorio relacionado con cada práctica á que non asista, indicado polo profesor/a correspondente.

Ademais, o aluno/a deberá elaborar en grupo (o número de persoas será indicado polo profesorado), un traballo práctico, que será plantexado polo profesorado ao comenzo do curso. En caso de aprobar este traballo, a nota obtida suporá un 20% da calificación total. O aluno/a que teña pendente o traballo práctico da materia, poderá recuperalo unicamente na convocatoria de xuño.

Ademais, o aluno/a deberá superar o exame final da materia, cunha parte teórica (50% da nota), composta por un test e/ou preguntas de resposta curta, e outra práctica (50% da nota), composta por un ou varios exercicios.

Previamente ao exame final farase unha proba de seguimento teórica (composta por un test e/ou preguntas de resposta curta),ao remate do curso, que será liberatoria, da materia teórica,para o exame final. A nota desta proba, de aprobarse, supoñerá o 40% da cualificación global da materia.

Convocatorias oficiais

O alumno/a terá que presentarse a un exame final, cunha parte teórica (50% da nota), composta por un test e/ou preguntas de resposta curta, e outra práctica (50% da nota), composta por un ou varios exercicios.

Oalumno/a que teña superadas as prácticas, e que supere a probade seguimento teórica, fará unha proba final reducida correspondente á parte práctica da materia (50% da nota).

O alumno/a que teña superadas as prácticas e non superea proba de seguimento, fará unha proba final correspondente a todaa materia, cunha parte teórica (50% da nota) e outra práctica (50% da nota).

O alumno/a que non supere as prácticas fará unha proba con valor do 100% da nota (50% para a parte teórica e 50% para a parte práctica), con independencia de que supere ou non a proba de seguimento no seu momento.

Aclaracións

A calificación final calcularase a partir das notas das distintas probas, tendo en conta a ponderación destas:

1) Parte teórica: 40%

2) Parte práctica: 40%

3) Traballo práctico: 20%

De calquera modo, para superar a materia é condición necesaria superar todas as partes sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar) e ter unha media de aprobado (nota igual ou superior a 5).Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se alcance o valor mínimo de 4, a calificación final será de suspenso.

A modo de exemplo, un alumno/a que obteña as seguintes cualificacións: 8 e 3, estará suspenso, aínda cando a nota media dá un valorsuperior a 5, posto que ten unha nota inferior a 4 nunha das partes. Nestescasos, a nota que se reflictirá na acta será "suspenso (4,0)".

Nonse permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probasde avaliación, salvo autorización expresa. O feito de introducir un dispositivoelectrónico non autorizado na aula de exame será considerado motivo denon superación da materia no presente curso académico e a calificación global será de "suspenso (0,0)*.

Compromiso ético

Espérase que o aluno/a presenteun comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamentonon ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, eoutros) considerarase que o aluno/a non reúne os requisitos necesarios parasuperar a materia. Neste caso a calificación global no presente curso académicoserá de "suspenso (0,0)".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000