Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Administración de empresas
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. A información económico-financeira: relación coa xestión loxístico-produtiva na organización 1.1. A contabilidade: conceptos básicos dende a perspectiva do enxeñeiro/a de organización.
1.2.1. Contabilidade xeral e contabilidade de xestión. Importancia e relación coa xestión loxístico-produtiva da organización.
1.2.2. Os estados económico-financeiros básicos. Relación e repercusións na xestión loxístico-produtiva. A súa importancia como base para o análise de custos de produtos e servizos.
Tema 2. Os investimentos e financiamentos empresariais: o balance. 2.1. O balance: conceptos básicos, análise e interpretación dende a perspectiva do enxeñeiro/a de organización.
2.2.1. Análise e interpretación do Activo Total: Activo Non Corrente e Activo Corrente. Valoración das existencias; amortizacións e deterioración de valor: repercusións na xestión loxístico-produtiva e no análise de custos de produtos e servizos.
2.2.2. Análise e interpretación do Pasivo Total: Patrimonio Neto, Pasivo Non Corrente e Pasivo Corrente. Fondos propios, subvencións de capital, subvencións de explotación, préstamo e crédito bancario, provisións, nóminas, IVE: repercusións na xestión loxístico-produtiva e no análise de custos de produtos e servizos.
Tema 3. O cálculo do beneficio: A Conta de Perdas e Ganancias 3.1. A Conta de Perdas e Ganancias: conceptos básicos, análise e interpretación dende a perspectiva do enxeñeiro de organización.
3.2. O cálculo do beneficio contable: Axustes no proceso de regularización. A periodificación de ingresos e gastos. Repercusións na xestión loxístico-produtiva e no análise de custos de produtos e servizos.
3.3. A información contida na Conta de Perdas e Ganancias: cifra de negocio, cash-flow, EBITDA
Tema 4. Indicadores de competitividade. Análise mediante ratios 4.1. Análise custo-volume-beneficio: limiar de rendibilidade monoproduto e multiproduto.
4.2. Análise da competitividade mediante ratios baseados nos estados económico-financieiros dende a perspectiva do enxeñeiro/a de organización.
Prácticas P1: Conceptos básicos
P2: Casos prácticos (I)
P3: Casos prácticos (II)
P4: Casos prácticos (III)
P5: Casos prácticos (IV)
P6: Análise mediante ratios
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000