Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Fundamentos de automática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliarase cada práctica de laboratorio entre 0 e 10 puntos, en función do cumprimento dos obxectivos fixados no enunciado da mesma e da preparación previa e a actitude do alumnado. Cada práctica poderá ter distinta ponderación na nota total.
20 B3
C12
D3
D6
D9
D16
D17
D20
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame dos contidos da materia, que poderá incluir problemas e exercicios, con unha puntuación entre 0 e 10 puntos.
40 B3
C12
D2
D3
D16
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame dos contidos da materia, que poderá incluir problemas e exercicios, con unha puntuación entre 0 e 10 puntos. 40 B3
C12
D2
D3
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumnado nas prácticas ao longo das sesións de laboratorio establecidas no cuatrimestre, sendo a asistencia as mesmas de carácter obrigatorio. No caso de non superala, realizarase un exame de practicas, condicionado a ter superada as probas escritas, na segunda convocatoria, nunha data posterior ás proba escritas, nunha ou varias sesións e incluíndo os contidos non superados nas sesións ordinarias de prácticas.

- A avaliación das prácticas para o alumnado que renuncie oficialmente a Avaliación Continua, realizarase nun exame de prácticas, condicionado a ter superada as probas escritas, nas dúas convocatorias, nunha data posterior á das probas escritas, nunha ou varias sesións e incluíndo os mesmos contidos das sesións ordinarias de prácticas.

- Poderanse esixir requisitos previos á realización de cada práctica no laboratorio, de xeito que limiten a maxima cualificación a obter.

- Deberanse superar todas as probas (as dúas escritas e as prácticas de laboratorio) para aprobar a materia, obténdose a nota total segundo a porcentaxe indicada máis arriba. No caso de non superar as dúas ou algunha das probas, poderase aplicar un escalado ás notas parciais de xeito que a nota total non supere o 4.5.

- No exames poderase establecer unha puntuación mínima nun conxunto de cuestións para superar o mesmo.

- Na segunda convocatoria do mesmo curso o alumnado deberase examinar das probas (escrita e/ou prácticas) non superadas na primeira convocatoria, cos mesmos criterios daquela.

- Segundo a Normativa de Avaliación Continua, os alumnos suxeitos a Avaliación Continua que se presenten a algunha actividade avaliable recollida na Guía Docente da asignatura serán considerados como "presentados".

- Os exames realizaranse nas datas establecidas polo centro.

- Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000