SISTEMA DE AVALIACIÓN: ====================== O sistema de avaliación por defecto é o sistema de avaliación continua. O alumno que desexe acollerse a un sistema de avaliación non continua deberá solicitalo oficialmente, no prazo e modo establecido para iso, na E.E.I. Si o alumno non solicita e obtén o veredicto favorable da renuncia a avaliación continua, enténdese que esta no sistema de avaliación continua.O alumno que pense solicitar a renuncia de avaliación continua deberá notificarllo canto antes ao profesor. Recoméndase facelo a principio de curso, ou antes de comezar a docencia. A avaliación realizáse en base a rubricas que se publican na palaforma TEMA da asignatura. CRITERIOS DE SUPERACIÓN DA MATERIA MEDIANTE AVALIACIÓN CONTINUA: ================================================================= Para superar a asignatura mediante a avaliación continua débense cumprir, simultáneamente, dúas condicións: a) obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 en cada un dos apartados evaluables. b) obter unha nota media, ponderada segundo as porcentaxes indicadas anteriormente, mínima de 5 sobre 10. Si un apartado esta suspenso, ou o alumno desexa mellorar a nota dun apartado, terá un máximo de duas (2) oportunidades para facelo. Neste caso aplicásese, sobre a cualificación do apartado, un coeficiente corrector. A cualificación multiplicásese por 0,85, a primeira vez e por 0,75 a segunda vez. O prazo para ditas correcciones será establecido polo profesor. CRITERIOS DE SUPERACIÓN DA MATERIA MEDIANTE AVALIACIÓN NON CONTINUA: ====================================================================== Os alumnos que opten por renunciar, oficialmente, á avaliación continua, deberán realizar un traballo tutelado polo profesor, consistente nun proxecto industrial ou similar, e unha proba de avaliación. Para obter a cualificación acharase a media proporcional (60% teoría e 40% prácticas). E obrigatorio obter unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 posibles en cada unha dás partes. Para superar a materia, a citada media deberá ser dun mínimo de 5 puntos sobre 10 posibles. COMPROMISO ÉTICO: ================== Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. Ao cursar a asignatura, o alumno, adquire un compromiso de traballo en equipo, colaboración e respecto aos compañeiros e ao profesorado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados e outros) considerásese que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |