A nota numérica final obtense pola media ponderada dos ítemsanteriores: Nota = 0,15xPruebas curtas + 0,15xPrácticas + 0,7xExamen Si como resultado da aplicación da media ponderada anteriora nota final é superior a 4,5 puntos pero non se cumpre a condición de alcanzarun mínimo de 3 puntos en cada parte do final, a nota máxima será de 4,5 puntos Tanto a realización dos test, como a asistencia ás prácticase entrega dos cuestionarios das mesmas, forman parte do proceso de avaliacióncontinua do alumno, valorándose cada unha destas actividades ata 1,5 puntossobre 10 na cualificación final. O profesorado desta materia considera xustificado que oalumnado poida presentarse a un exame final tendo opcións de aspirar á máximacualificación posible, xa que logo aqueles alumnos que desexen mellorar acualificación correspondente á avaliación continua poderán presentarse a unexame adicional a continuación do exame xeral, no que se incluirán preguntasrelativas aos contidos da docencia tanto de aula como de laboratorio, evaluableentre 0 e 10 puntos, e que poderá supoñer ata un 30% da cualificación final comesmo reparto que se outorga na avaliación continua, nese exame pódeserecuperar unha das partes ou ambas. En caso de realizalo a cualificación que seterá en conta para valorar as actividades de avaliación continua será a doexame adicional. O alumno que desexe renunciar ás actividades correspondentesá avaliación continua dispón dun prazo para facelo, nese caso a cualificaciónmáxima a que se pode aspirar co exame final é de 7 puntos sobre 10, con todopode aumentar a súa cualificación realizando o exame adicional comentado nopárrafo anterior. Para a segunda oportunidade de Xuño - Xullo mantense a última cualificación na avaliación continua obtida durante o propio curso, é dicir, ou ben a obtida polas actividades regulares ou a do exame adicional si realizouse, sen prexuizo de que, do mesmo xeito que na primeira oportunidade de Decembro - Xaneiro, poida ser superada pola realización do exame adicional que se propoña a ese efecto. A cualificación que se terá en conta para valorar as actividades de avaliación continua será a da última nota alcadada. A condición de Non Presentado se reserva en exclusiva aoalumnado do cal non consta ningunha cualificación durante o curso, é dicir, quenon realice ningunha proba curta nin práctica de laboratorio nin se presentouao exame xeral. O feito de non presentarse ao exame final non supón aconsideración de NP si xa se ten unha cualificación nas actividades deavaliación continua durante o curso, neste caso a nota final é a quecorresponde á avaliación continua. Cada nova matrícula na asignatura supón unha posta a cerodas cualificacións nas actividades de avaliación continua obtida en cursosanteriores. Compromiso ético Espérase que o alumno presente un comportamento éticoadecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plagio,utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo)considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar amateria. Nese caso a cualificación global no presente curso académico será desuspenso (0,0) Notas de interese sobre a materia É moi recomendable que os alumnos teñan coñecementossuficientes do álgebra dos números complexos e haber cursado as asignaturas deFísica de primeiro curso. Para matricularse nesta materia é necesario superar ou benestar matriculado de todas as materias dos cursos inferiores ao curso en queestá situado esta materia. |