Guia docente 2012_13
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Fundamentos de electrotecnia
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase positivamente a asistencia e participación no desenvolvemento das clases teóricas. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase un exame final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como exercicios de aplicación. O exame se avaliará entre 0 e 10 puntos esixindose un mínimo de 3 puntos para aprobar a materia. 70
Informes/memorias de prácticas Valorarase positivamente a realización de unha memoria de cada unha das prácticas de laboratorio que incluirá obxectivos, procedemento seguido, materiais empregados, resultados obtidos e interpretación dos mesmos. A realización das prácticas e presentación das memorias valorarase entre 0 e 10 puntos 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Tanto a asistencia e participación nas clases teóricas, como a realización das prácticas e entrega de memorias das mesmas, forman parte do proceso de avaliación continua do alumno.

Dado que é normativo que un alumno poida presentarse a un exame final optando á máxima cualificación na materia, aqueles alumnos que desexen subir a nota correspondente á avaliación continua poderán presentarse a un exame adicional no que se incluirán preguntas relativas ao desenvolvemento e contidos da docencia tanto teórica como de laboratorio, evaluable entre 0 e 10 puntos, e que supoñerá un 30% da cualificación final, no mesmo sentido en que se avalía a avaliación continua

Profesor responsable de grupo:

Daniel
Villanueva Torres

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000