Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Ciencia e tecnoloxía dos materiais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Avaliarase a asistencia e a participación do alumnado nas clases prácticas, así como os informes das sesións prácticas, que incluirán os resultados obtidos nos ensaios realizados, así como a resposta ás preguntas formuladas. 5 B6
C9
D9
Presentación O traballo realizado en pequenos grupos será avaliado a través da súa defensa pública, mediante unha rúbrica previamente coñecida. Terase en conta a información achegada, bibliografía consultada, a estruturación dos contidos, a claridade da presentación e as respostas ofrecidas no debate final co profesor e o resto do alumnado 10 B4
B6
C9
D1
D5
D10
Exame de preguntas obxectivas Nesta proba escrita avaliaranse os coñecementos adquiridos polo alumnado na parte práctica da materia. A proba constará de cuestións e exercicios. 15 B3
B4
B6
C9
D1
D5
D9
D10
Exame de preguntas obxectivas Realizarase unha 1ª proba escrita na que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado nas sesións de teoría da materia.
Realizarase aproximadamente á metade do cuadrimestre.
30 B3
B4
B6
C9
D1
D5
D9
D10
Exame de preguntas obxectivas Nunha 2ª proba escrita avaliaranse os coñecementos adquiridos polo alumnado nas sesións de teoría da materia.
Levarase a cabo na data oficial da 1ª edición de exame fixada polo Centro.
40 B3
B4
B6
C9
D1
D5
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 Avaliación continua: (sistema de avaliación predeterminado). Constará de distintas probas realizadas durante a impartición da asignatura e unha proba final na data oficial, como se indica na táboa anterior, que recolle a porcentaxe de cada proba na nota total. A continuación preséntase un resumo:

  • 5% Entrega de informes, asistencia e participación en prácticas. 
  • 10% Exposición oral e defensa do traballo en grupo. 
  • 15% Exame escrito das sesións prácticas. 
  • 30%* Exame parcial I dos contidos teóricos da primeira parte da materia (realizarase nunha sesión de teoría durante o cuadrimestre) 
  • 40%* Exame parcial II dos contidos teóricos da segunda parte, nos que se considerará a comprensión global da asignatura (realizarase na data oficial do exame da 1ª edición fixada polo centro) 
  • *o alumnado que deba presentarse á 2ª edición do exame (na data oficial fixada polo centro) realizará un único exame escrito que avaliará a a totalidade dos contidos teóricos (temario avaliado nos Exames parciais I e II) e que representará o 70% da nota. Conservará a cualificación das tres probas de prácticas (30%)
Avaliación global: 

nas dúas edicións oficiais, o alumnado que renuncie á avaliación continua consonte o procedemento e no prazo establecido polo centro, seguirá un proceso de avaliación global. Constará dun único exame escrito no que serán avaliados o seu coñecemento de todos os contidos teóricos e prácticos da asignatura, eque terá un peso do 100% da nota final.

Para superar a asignatura, segundo o sistema de avaliación:

  • Avaliación continua: a suma das puntuacións das distintas probas deberá acadar un mínimo de 5 sobre 10 
  • Avaliación global: debe acadarse un mínimo de 5 sobre 10. 

Convocatoria Extraordinaria: levarase a cabo segundo o sistema de avaliación global, na data previamente fixada polo centro. Consta dun único exame escrito que avaliará a totalidade dos contidos teóricos e prácticos da materia, e suporá o 100% da nota final.

Comportamento ético: Esperase que o alumno presente un comportamento ético adecuado na totalidade das actividades do curso, atendendo especialmente ao indicado nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo (aprobado no claustro do 18 de abril de 2023).

AVISO: No caso de discrepancias entre as distintas versións lingüísticas da guía, prevalecerá o indicado na versión en castelán.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000