Guia docente 2012_13
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Empresa: Introdución á xestión empresarial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Probas que se realizarán ao longo do curso, tanto nas clases de teoría coma de prácticas, distribuidas de forma uniforme e programadas para que non interfiran no resto das materias. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final que pode conter parcial ou totalmente os contidos da materia desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua.


A avaliación continua constará dun conxunto de probas de control planificadas e desenvolvidas ao longo do curso, tanto nas clases de teoría como nas de prácticas, que se completará cunha proba final que cubrirá total ou parcialmente a materia. O peso das probas de control (un total de tres) na cualificación final será dun 30%. Estas probas realizadas ao longo do curso non liberan materia, senón que cada unha delas versará sobre os contidos vistos ata o momento de realización da proba, tanto en clases de teoría como de prácticas. Debido a isto, a cualificación resultante destas probas obterase aplicando unha media ponderada (Proba 1: 20%; Proba 2: 30%; Proba 3: 50%). Así mesmo, estas probas non son recuperables, é dicir, si un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obriga de repetirllas.


O estudante ten dereito a coñecer a cualificación obtida en cada proba nun prazo razoable trala súa realización ou entrega.


A cualificación obtida nas probas de control será válida tan só para o curso académico no que se realicen.


2. Para superar a avaliación continua o alumno deberá superar 2/3 das probas de control realizadas, entregar as tarefas propias da materia e superar as prácticas. Os alumnos que non superen a avaliación continua terán que ir ao exame final coa totalidade da materia.


Os alumnos que cumpran os requisitos da avaliación continua terán que realizar unha proba final reducida que supoñerá un 70% da nota que se sumará á nota obtida na avaliación continua (o 30% restante). No entanto, estarán exentos da realización de dita proba final reducida aqueles alumnos que, habendo superado a avaliación continua, teñan superada a última proba (que versará sobre todos os contidos da materia). Neste último caso, a cualificación do alumno calcularase como a media ponderada das cualificacións obtidas nas probas de control realizadas (aplicando as porcentaxes de ponderación xa sinaladas). A mencionada exención queda suprimida no caso de que a media ponderada das cualificacións obtidas en ditas probas non sexa como mínimo de Aprobado.


Os alumnos que non realicen as probas de avaliación continua ou non as superaron terán que realizar un exame final de toda a materia. Nesta proba avaliaranse todos os contidos desenvolvidos na materia (clases teóricas, prácticas de laboratorio e traballos). Este exame comporase de dúas partes, unha parte teórica e outra práctica. Esixíndose a obtención dunha puntuación mínima en cada parte para superar devandito exame.


Se un alumno realizou algunha das probas de control correspondentes á avaliación continua e non aproba a materia recibirá unha cualificación de Suspenso, independentemente de que se presente ao exame final ou non.


3. Alumnos que non optan por avaliación continua


Aos alumnos que non opten pola avaliación continua ofreceráselles un procedemento de avaliación que lles permita alcanzar a máxima cualificación. Este procedemento consistirá nun exame final que inclúa os contidos desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas e na entrega de tarefas adicionais. Este exame terá dúas partes, unha teórica e outra práctica. Esixíndose a obtención dunha puntuación mínima en cada parte para superar devandito exame.


4. Sobre a convocatoria de recuperación (xullo)


Para a convocatoria de recuperación (xullo) o alumno que non aprobase a materia elixe se desexa ser reevaluado sobre a máxima nota posible ou se se lle aplica o procedemento de avaliación estipulado na materia mantendo a nota obtida nas tarefas previas. Por defecto, ao alumno gárdanselle os resultados das probas realizadas (sempre que alcance o mínimo esixido para superalas) podendo optar no momento do exame pola realización íntegra do mesmo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000