Guia docente 2012_13
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Matemáticas: Cálculo I
   Competencias de titulación
Código Descrición
A3 CG 3. Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
A4 CG 4. Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
A12 FB1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan presentarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
B1 CT1 Análise e síntese.
B2 CT2 Resolución de problemas.
B6 CT6 Aplicación da informática no ámbito de estudo.
B8 CT8 Toma de decisións.
B9 CS1 Aplicar coñecementos.
B14 CS6 Creatividade.
B16 CP2 Razoamento crítico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000