Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Electrónica industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Avaliación de bloques temáticos:

Os diferentes bloques temáticos da materia serán avaliados de forma continua mediante dúas probas parciais. Ditas probas consistirán na resolución de preguntas tipo test, de resposta pechada e de análise con resposta numérica.
Cada proba puntuarase entre 0 e 10 puntos. O peso de cada proba é do 20% da nota final. Para poder ponderar dita proba é necesario obter, alomenos, unha nota mínima de 3 puntos sobre 10. Se non é así a nota da proba será de 0 puntos.
40 B3
B4
C22
C24
D9
D14
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas As prácticas avaliaranse a partir da memoria do traballo que terán que entregar os estudantes unha vez rematado o deseño do circuíto e comprobado que funciona. Terase en conta o traballo realizado nas diferentes etapas das que consta a práctica 30 B3
B4
C22
C24
D9
D17
Traballo Traballo grupal:

Consistirá nun traballo de simulación de circuítos estudados na materia. O traballo farase en grupo coa posibilidade de defensa pública.
30 D3
D14
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Pautas para a mellora e a recuperación:

No caso de que un alumno non aprobe a materia na convocatoria ordinaria,
dispón dunha convocatoria extraordinaria no presente curso académico. A cualificación
final correspondente a esta convocatoria extraordinaria e obterase como resultado de
sumar as seguintes notas:

1.- A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio na convocatoria ordinaria, cun peso do 30% da cualificación final.

2.- A nota obtida nunha proba escrita individualizada (na data fixada pola dirección do centro) que englobará contidos de toda a materia. O peso desta nota é dun 70% da cualificación final.

Para aprobar a materia nesta convocatoria extraordinaria é necesario obter unha
puntuación final igual ou superior a 5 puntos.



Unha vez rematado o presente curso académico a nota obtida na avaliación de prácticas manterase agás
que o alumno desexe facelas novamente.

Avaliación estudantes con renuncia a avaliación continua.

Os estudantes aos que lles foi concedida a renuncia á avaliación
continua terán que realizar un exame teórico (na data fixada pola dirección do
centro) e un exame práctico en laboratorio (na data que se propoña en función
da dispoñibilidade do laboratorio), sobre unha puntuación máxima de 10 puntos
cada un. A nota final será a media de ambas as dúas- Para
superar a materia o estudante terá que obter, polo menos, unha nota media igual ou superior a 5 puntos.

Compromiso ético.



Espérase que o alumno presente un
comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000