Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Electrónica industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Avaliación de bloques temáticos:

Os diferentes bloques temáticos da materia serán avaliados de forma continua a través da resolución de problemas prácticos e/ou de simulación que se propoñerán ao longo do curso
60 B3
B4
C22
C24
D6
D9
D14
D17
Informe de prácticas As prácticas avaliaranse a partir da memoria do traballo que terán que entregar os estudantes unha vez rematado o deseño do circuíto e comprobado que funciona. Terase en conta o traballo realizado nas diferentes etapas das que consta a práctica 25 B3
B4
C22
C24
D9
D17
Outras Proba individualizada:

Consistirá nunha proba oral de carácter individual e presencial que se realizará ao finalizar o cuadrimestre, nos horarios establecidos pola dirección do centro.
A proba consistirá na defensa dagún dos traballos realizados ao longo do curso.
15 D3
D14
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Pautas para a mellora e a recuperación:

No caso de que un alumno non aprobe a materia na primeira convocatoria,
dispón dunha segunda convocatoria no presente curso académico. A cualificación
final correspondente a esta segunda convocatoria obterase como resultado de
sumar as seguintes notas:

1.- A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio na primeira
convocatoria, cun peso do 25% da cualificación final.

2.- A nota obtida no traballo asignado para a segunda convocatoria coa mesma contextutalización que o realizado na avaliación dos bloques temáticos. O peso desta nota é dun 60% da cualificación final.

3.- A nota obtida na defensa do traballo realizado nesta
convocatoria coa mesma contextualización que na primeira convocatoria. O peso
desta nota é do 15% da cualificación final.

Para aprobar a materia nesta segunda convocatoria é necesario obter unha
puntuación final igual ou superior a 5 puntos.



Unha vez rematado o presente curso académico as
notas obtidas na avaliación de bloques temáticos e na proba oral perden a súa validez. A nota obtida na avaliación de prácticas manterase agás
que o alumno desexe facelas novamente.

Avaliación estudantes con renuncia a avaliación continua.

Os estudantes aos que lles foi concedida a renuncia á avaliación
continua terán que realizar un exame teórico (na data fixada pola dirección do
centro) e un exame práctico en laboratorio (na data que se propoña en función
da disponibilidade do laboratorio), sobre unha puntuación máxima de 10 puntos
cada un. A nota final será a media de ambas as dúas- Para
superar a materia o estudante terá que obter, polo menos, unha nota media igual ou superior a 5 puntos.

Compromiso ético.



Espérase que o alumno presente un
comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000