Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Sistemas electrónicos dixitais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Sistemas electrónicos dixitais Código V12G330V01923
Titulación
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Tecnoloxía electrónica
Coordinador/a
Fariña Rodríguez, José
Correo-e jfarina@uvigo.es
Profesorado
Fariña Rodríguez, José
Quintáns Graña, Camilo
Rodríguez Andina, Juan José
Web
Descrición xeral Trátase dunha materia terminal, continuación da materia de “Electrónica Dixital e Microcontroladores”. Ten por obxectivo que o alumnado complete as competencias e habilidades necesarias para o deseño, análise, simulación, depuración, proba e mantemento de circuítos electrónicos dixitais baseados en dispositivos reconfigurables (FPGAs) e en microcontroladores. A materia céntrase nos seguintes conceptos:
- Periféricos de comunicación serie e a súa adaptación aos niveis eléctricos dos protocolos normalizados.
- Periféricos de captura e comparación para o tratamento e xeración de sinais dixitais con información temporal (Saídas de alta velocidade, Modulación de Anchura de Impulso, Medida de frecuencia, período ou desfasamento, etc).
- Modos de funcionamento de baixo consumo.
- Formatos numéricos e operadores matemáticos.
- Descrición e utilización de linguaxes de descrición de hardware (HDL) como ferramenta para a especificación de circuítos dixitais.
- Exemplos de deseño de circuítos electrónicos dixitais baseados en microcontroladores e FPGAs para control industrial.

Esta materia forma parte dun proxecto de innovación educativa en ApS (Aprendizaxe-Servizo) que desenvolve a Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación da Universidade de Vigo. Esta metodoloxía mestura procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto articulado onde os/as participantes aprenden a traballar nas necesidades reais da contorna coa finalidade de mellorala. Os estudantes participaran de forma voluntaria na actividade ApS, que consiste en realizar un “Taller de Desenvolvemento de Sistemas Electrónicos Baseados en Microcontroladores” nun centro de ensino da contorna da Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000