Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Sistemas electrónicos de comunicacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Exposición do traballo: descrición aplicada dun sistema de comunicacións. A realización deste traballo será un requisito para obter unha cualificación de apto na materia. 30 C21
D2
D3
D9
D17
Resolución de problemas A participación en clase coa resolución de problemas será valorada. 5 B4
C21
D2
D3
D9
Prácticas de laboratorio A realización de todos as tarefas de cada práctica puntuarase en función do seu cumprimento. Os criterios de avaliación son: Asistencia mínima do 80%, puntualidade, preparación previa das prácticas (as prácticas estarán dispoñibles con antelación e requirirán dun traballo previo para a súa realización), aproveitamento e entrega de resultados. 25 C21
D3
D9
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Trátase dunha proba escrita realizada na data do exame da materia. Esta proba está concibida para comprobar os coñecementos básicos da materia. 40 C21
D2
D3
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 puntos en cada unha das partes: prácticas de laboratorio, traballos de aula e proba de resposta curta, para obter a cualificación de apto na materia.

Opcionalmente os traballos de aula poderán ser en inglés.

Os alumnos que renuncien á avaliación continua deberán pasar unha única proba escrita máis extensa que a de coñecementos mínimos aplicada ao resto.

Aqueles alumnos que non poidan asistir a dúas ou máis prácticas polas causas xustificadas previstas no Estatuto do Estudante, terán dereito a unha única proba de laboratorio que se celebrará no período de exames da convocatoria correspondente que estableza o centro.

Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo
do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o
alumno non alcanzou as competencias B2, B3 e CT19.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000