Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Sistemas electrónicos de comunicacións
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exporanse os aspectos máis importantes da materia, buscando a participación activa do
alumno expondo cuestións que debe resolver en clase.
Traballo tutelado Proporanse uns traballos que se exporán en horario de clase. Estes traballos buscan que o
alumno aplique a teoría básica exposta en clase a sistemas reais e desta forma entenda esa teoría e como se pon en práctica. Realizaranse en grupo para fomentar o traballo en grupo.
Resolución de problemas Os alumnos resolverán en clase coa axuda do profesor ejercios de aplicación da teoría.
Estudo previo Traballo previo clase maxistral: o alumno debe ler o tema con antelación para estar
en condicións de expor as dúbidas que lle xurdisen.
Traballo previo resolución problemas: o alumno debe polo menos tentar resolver os
problemas propostos para entender mellor a súa resolución.
Traballo previo laboratorio: o alumno debe ler e preparar a práctica con antelación para
o seu correcto aproveitamento.
Resolución de problemas de forma autónoma Co fin de comprobar o éxito da aprendizaxe o alumno terá á súa disposición boletíns de problemas para resolver pola súa conta.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio sobre equipos Promax EC-796, adestradores de comunicacións dixitais,
onde verán na práctica os sistemas de comunicacións dixitais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000