Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Instrumentación electrónica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliación que ten en conta o traballo de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido durante as sesións de prácticas de laboratorio da materia. 14 B3
B4
C20
C23
C24
D2
D9
D10
D14
D17
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con preguntas obxectivas diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.) Débese escoller unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 48 B3
B4
C20
C23
C24
D2
D9
D10
D14
D17
Traballo É un texto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo unhas normas establecidas. 12 B3
B4
C20
C23
C24
D2
D9
D10
D14
D17
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun informe no que se reflicten as características do traballo levado a cabo nas prácticas de laboratorio. Debésense describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 21 B3
B4
C20
C23
C24
D2
D9
D10
D14
D17
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. É posible valorar aprendizaxes e accións, e como levan a cabo valorando a orde, precisión, a destreza, eficacia, a participación activa, etc. 5 B4
D2
D9
D10
D14
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
Avaliación continua

Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase nesta materia
un sistema de avaliación continua.

As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan. A cualificación final do estudantado que elixa esta vía non poderá ser "non presentado".

A planificación das diferentes probas de avaliación estará dispoñible ao principio do cuadrimestre.


A
avaliación continua está formada polas tres
partes seguintes:

1.a Teoría (60%)


Realizaranse 2 probas parciais
de teoría (PT1 e PT2) debidamente programadas ao longo do curso.

Cada
proba parcial constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. A nota de cada
proba parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das
probas ás que falte será de 0 puntos.

Ademais, o estudiantado deberá realizar un traballo tutelado en grupos de 2 persoas (sempre que sexa posible formalos). O traballo será sobre un tema concreto proposto polo profesorado a principio do curso. Entregarase unha memoria final que debe redactarse seguindo unhas normas establecidas. A data de entrega de dito documento será debidamente programada e informada polo profesorado da materia. Esta parte valorarase cunha nota de traballo (NT) de 0 a 10 puntos.

A
nota final de teoría (NFT) será a obtida coa seguinte expresión:

NFT
= 0,4·PT1 + 0,4·PT2 + 0,2·NT

Para superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 en cada proba parcial e no traballo tutelado.

1.b
Práctica (35%)

Realizaranse
9 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 persoas (sempre que sexa posible formalos).

A
valoración da parte práctica farase
de forma individual. Terase
en conta o
traballo
individual de preparación previa, a participación e
o
trabalo
desenvolvido por cada membro do
grupo durante as sesións de prácticas.

Destinaranse 7 sesións a realizar un traballo consistente no estudo e caracterización do funcionamento dos sensores situados nas maquetas de sistemas dispoñibles no laboratorio (deseño de circuíto de acondicionamento, programa de monitorización e control,...). Para avaliar este traballo teranse en conta os resultados obtidos, a análise dos mesmos e a calidade da memoria final entregada. Esta parte valorarase cunha nota de traballo con maquetas (NTM) entre 0 e 10 puntos. Ademais, o estudantado só poderá faltar a 1 sesión; se isto non se cumpre NTM = 0.

As outras 2 sesións destinaranse á realización de prácticas de instrumentación programable. Esta parte valorarase cunha nota (NIP) entre 0 e 10 puntos. Ademais, o estudantado non poderá faltar a ningunha destas 2 sesións; se isto no se cumpre NIP = 0.

Obterase unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio se a asistencia foi de polo menos 7 sesións; e a nota final das prácticas (NFP) será a obtida coa seguinte suma
ponderada:

NFP
= 0,8·NTM
+ 0,2·NIP

1.c Observación sistemática (5%)


Terase
en conta, ademais dos aspectos mencionados na descrición, a
participación do
estudantado
na
realización das actividades propostas para o seu traballo
autónomo e
a
participación nas
titorías. A
nota desta
parte
(NOS)
valorase
de 0 a 10 puntos.

1.d
Nota final da materia


Na nota
final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 60 %, a nota de
prácticas (NFP) un peso do 35%
e
a nota obtida en base á
observación sistemática (NOS) un peso do
5%. Para aprobar a materia será imprescindible superar
a parte de teoría (obter
polo
menos 5 puntos de 10 en cada proba parcial e
no
traballo
tutelado) e obter unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Neste
caso a cualificación final será:

NF
= 0,60·NFT
+ 0,35·NFP
+ 0,05
NOS.

No
caso de non ter superado a parte de teoría nin ter obtido unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio, a nota final será a
obtida coa seguinte expresión:

NF
= min( { 4,9 ; (0,60·NFT
+ 0,35·NFP
+ 0,05
NOS) } ).

Para
aprobar a materia será imprescindible obter unha nota final NF>=5.

2. Avaliación global

Quen non opte pola avaliación continua poderá
presentarse a unha proba de avaliación global que constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua.
Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a
realización de dita proba, quen non optase pola
avaliación continua deberá realizar unha proba teórica. Quen queira presentarse a proba de avaliación global  deberá poñerse en contacto co
profesorado con suficiente antelación para que o profesorado poida asignarlles un traballo tutelado individual e así poidan entregar a memoria correspondente o mesmo día da proba de teoría. Ademais, a realización das prácticas é obrigatoria sexa cal for a convocatoria á que se presenten.

O
exame teórico consistirá en dúas
probas (PT1 e PT2) que constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios.
Cada proba (PT) valorarase
de 0 a 10 puntos e
a nota das probas ás
que falte será de 0 puntos.
A
nota do traballo
tutelado (NT) valorarase
de 0 a 10 puntos. A non realización deste traballo
supoñerá unha nota NT de 0 puntos.

A
nota final de teoría (NFT) será a obtida coa seguinte expresión:

NFT
= 0,4·PT1 + 0,4·PT2 + 0,2·NT

Quen non realizase as prácticas da materia terá unha cualificación de non apto nas prácticas de laboratorio e unha nota final de prácticas (NFP) de 0 puntos.

Para
aprobar a materia será imprescindible superar a parte de teoría
(obter
un mínimo de 5 puntos de 10 en cada proba parcial e
tamén
no
traballo
tutelado) e obter unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio.
Neste
caso a cualificación final será:

NF
= 0,60·NFT
+ 0,35·NFP
+ 0,05
NOS.

No
caso de non superar a parte de teoría nin ter obtido unha cualificación de apto nas prácticas de laboratorio, a nota final será a obtida
coa seguinte expresión:

NF
= min( { 4,9 ; (0,60·NFT
+ 0,35·NFP
+ 0,05
NOS) } ).

Para
aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

3. Avaliación na convocatoria extraordinaria e na convocatoria de fin de carreira

A avaliación na convocatoria extraordinaria e na convocatoria de fin de carreira terá o mesmo formato que a avaliación global (apartado 2). A proba de avaliación celebrarase nas datas que estableza a dirección da Escola.

A quen se presente á avaliación na convocatoria extraordinaria conservaráselle a nota que obteña na convocatoria ordinaria (avaliación continua ou global) nas partes ás que non se presente.

O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2.

4. Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado.
No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros) en calquera dos traballos/probas realizadas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000