Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Instrumentación electrónica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido durante as sesións no laboratorio. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 40 B3
B4
C20
C23
C24
D2
D3
D9
D10
D14
D17
Probas de tipo test Probas que se realizarán despois de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 60 B3
B4
C20
C23
C24
D2
D3
D9
D10
D14
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
Avaliación continua

Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia
un sistema de avaliación continua.

A
materia divídese en dous partes: teoría (60%) e práctica (40%).
As cualificacións das tarefas avaliables non son recuperables e
serán válidas só para o curso académico no que se realizan.

1.a Teoría.

Realizaranse
2 probas parciais de teoría (PT) debidamente
programadas ao longo do curso. A primeira proba realizarase en horario
de teoría ao finalizar o tema 15. A segunda proba realizarase
o mesmo día que o exame final que se celebrará na
data que estableza a dirección da Escola. As probas non son recuperables, é dicir, que se un estudante non pode asistir o
día en que estean programadas o profesor non ten obrigación de repetilas.

Cada
proba parcial constará dunha serie de preguntas tipo test e de desenvolvemento do temario
. A nota de cada proba
parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das
probas ás que falte será de 0 puntos. A nota final de teoría
(NFT) será a media aritmética das notas dos parciais:

NFT
= (PT1 + PT2)/2

Para
superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos
de 10 en cada unha delas. Se se obtivo menos de 5 puntos de 10
na primeira proba parcial, o alumno poderá recuperar dita parte
o mesmo día da segunda proba parcial de teoría.

1.b
Práctica

Realizaranse
9 sesións de prácticas
de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 alumnos. A parte práctica cualificarase
mediante a avaliación continua de todas as prácticas. Cada unha das
9 prácticas avaliarase
unicamente o día da práctica.

Para
a valoración da parte práctica terase en conta o traballo
de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido
durante as sesións no laboratorio. Cada práctica valorarase
cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás
que se falte será de 0. A nota final das prácticas (NFP)
será a media aritmética das notas das prácticas:

NFP
= Sumatorio (NPi)/9; sendo i = 1, 2, ..., 9.

1.c
Nota final da materia

Na
nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 60%
e a nota de prácticas (NFP) do 40%. Para aprobar a materia
será imprescindible superar a parte de teoría. Neste caso
a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada
parte:

NF
= 0,6·NFT + 0,4·NFP

No
caso de non superar a parte de teoría (NFT < 5), ou de non
alcanzar o mínimo de 5 puntos en cada unha das probas
parciais de teoría, a nota final será a mínima das notas
obtidas nas dúas probas de teoría:

NF
= min{ PT1, PT2 }

Para
aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5

2.
Exame final

Os
alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse
a un exame final que constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na avaliación
continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da
Escola para a realización do exame final, os estudantes que non
optasen pola avaliación continua deberán realizar unha proba
teórica que poderá conter preguntas relacionadas cos
contidos desenvolvidos nas prácticas de laboratorio.

O
exame teórico consistirá en dúas probas que constarán dunha serie de preguntas tipo test e de desenvolvemento do temario. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10
puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética
das notas das probas parciais:

NFT
= (PT1 + PT2)/2

Os
alumnos que non realizasen as prácticas da materia
terán unha nota final de prácticas (NFP) de 0 puntos.

Para
aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo
de 5 puntos sobre 10 en cada unha das dúas probas de teoría. Neste
caso a cualificación final será a suma ponderada das notas
de cada parte:

NF
= 0,6·NFT + 0,4·NFP

No caso de non
superar a parte de teoría (NFT < 5), ou de non alcanzar
o mínimo de 5 puntos en cada unha das probas parciais
de teoría, a nota final será a mínima das notas obtidas nas
dúas probas de teoría:

NF
= min{ PT1, PT2 }

Para
aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

3.
Sobre a convocatoria de recuperación (xullo)

A
convocatoria extraordinaria de Xullo constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na
avaliación continua e que terá o mesmo formato que o exame
final. A segunda convocatoria celebrarase na data que
estableza a dirección da Escola.

Aos
estudantes que se presenten a esta convocatoria conservaráselles
a nota que obtivesen na convocatoria ordinaria
(avaliación continua ou exame final) nas partes ás que non se presenten.
Ademais, nesta convocatoria os estudantes só poderán
presentarse a aquelas probas que non superasen na
convocatoria ordinaria.

O
cálculo da nota final da materia realizarase tal e como
se explica no apartado 2.

4. Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado.
No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para
superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente
curso académico será de suspenso (0.0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000