Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Laboratorio de sistemas dixitais programables
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio avalíanse agrupadas en dous proxectos. A nota de cada un deles ten un peso na nota total da materia dun 25%. Para poder aprobar cada proxecto e necesario alcanzar unha nota mínima do 40% da nota máxima posible en cada proxecto.
Para valorar cada proxecto tense en conta o traballo previo para a preparación de cada sesión de prácticas e o contido do documento resultados da práctica.
A nota total de prácticas calcúlase como a media aritmética da nota dos proxectos. Para aprobar as prácticas e necesario obter como mínimo o 50% da nota máxima posible.
50 B4
C21
C24
D2
D9
D14
D17
Exame de preguntas obxectivas Avalíanse os coñecementos adquiridos nas leccións maxistrais e o estudo de casos. A proba realizase no horario da materia na última sesión de lección maxistral. Esta proba ten un peso do 10% na nota total da materia e ten unha nota mínima do 40% da nota máxima posible. 10 B3
B4
C21
C24
D9
D14
Exame de preguntas de desenvolvemento Nesta avalíanse os resultados de aprendizaxe correspondente ao deseño de sistemas electrónicos baseados en microcontroladores e FPGAs. Esta proba realizase ao final do cuadrimestre na data e hora marcadas pola Dirección da Escola. Esta proba ten un peso do 40% na nota total da materia e unha nota mínima do 40% da nota máxima posible 40 B3
B4
C21
C24
D2
D9
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A
nota final da materia obterase como media ponderada das notas das probas de
avaliación. Para aprobar a materia e necesario obter un mínimo do 50% da nota
máxima. Para poder facer a media e necesario obter un mínimo do 40% da nota
máxima en cada parte. Se non alcanzase o limiar mínimo (40%)  nalgunha das partes, a nota final da materia
será de suspenso e o valor numérico calcularase multiplicando por 0,53 a nota
obtida ca media ponderada.

(aclaración
sobre o coeficiente: obtense de dividir 4,99 (máxima nota do suspenso) entre
9,39 (máxima nota da media ponderada que se pode obter suspendendo a materia (prácticas=10;
Desenvolvemento=10; obxectivas=3,9 nota= 10*(5/10)+10*(4/10)+3,9*(1/10)=9,39
)).

Na
segunda convocatoria non será necesario presentarse as partes aprobadas.

A
avaliación dos alumnos que teñan que presentarse a segunda convocatoria do
curso académico realizarase:

-
Co exame final: Nesta proba xuntaranse preguntas obxectivas e preguntas de  de desenvolvemento. Avaliarse o coñecemento
dos conceptos teóricos e a capacidade de resolver problemas.

-
Co exame de prácticas. Este exame consistirá na realización dunha das tarefas
especificadas no conxunto de enunciados de prácticas realizadas durante o
curso.

A
nota final obterase cos mesmos criterios especificados para o cálculo da nota
da primeira convocatoria.

O
alumnado de avaliación non continua será avaliado por medio dun exame final de
coñecementos teóricos e resolución de problemas e un exame de Prácticas. O peso
e os criterios de avaliación son os mesmos que na avaliación continua.

Compromiso
ético: Esperase que o alumnado presente un comportamento ético adecuado. No
caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros), considerarase que o alumno
non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a
avaliación global no presente curso académico será de suspenso (0.0)

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000