Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Automatización industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliarase cada práctica de laboratorio entre 0 e 10 puntos, en
función do
cumprimento dos obxectivos fixados no enunciado da mesma e da
preparación
previa e a actitude do alumnado. Cada práctica poderá ter distinta
ponderación
na nota total.
10 C25
C28
C29
D2
D10
D14
D17
Aprendizaxe baseado en proxectos Avaliación en función do cumplimento dos obxectivos fixados, e os requisitos fixados. 10
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame escrito dos contidos prácticos da materia, que incluirá os contidos das prácticas de laboratorio e o proxecto proposto. 40
Exame de preguntas obxectivas Examen escrito final relativo os contidos desenrolados nas clases de aula 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumnado nas
prácticas ao longo das sesións de laboratorio establecidas no
cuatrimestre, sendo a asistencia as mesmas de carácter obrigatorio. No
caso de non superala, realizarase un exame de practicas na segunda
convocatoria.

- A avaliación das prácticas para o alumnado que
renuncie oficialmente a Avaliación Continua, realizarase nun exame de
prácticas nas dúas convocatorias. Poderanse esixir requisitos previos á
realización de cada práctica no laboratorio, de xeito que limiten a
máxima cualificación a obter.

- Deberanse
superar todas as probas (escritas e prácticas) para aprobar a materia,
obténdose a nota total segundo a porcentaxe indicada máis arriba.

- Nos exames, poderase establecer unha puntuación mínima nun conxunto de cuestións, como condición indispensable para superalos.

-
Na segunda oportunidade de avaliación, o alumnado terá que examinarse de novo de todas as
probas (escrita e/ou prácticas), salvo da avaliación continua e do proxecto, se estes xa foron superados na primeira oportunidade. Nesta segunda oportunidade, haberá un único exame escrito (en lugar de dous) cunha cualificación do 80%. 

- Segundo a
Normativa de Avaliación Continua, os alumnos suxeitos a Avaliación
Continua que se presenten a algunha actividade avaliable recolleita na
Guía Docente da materiaserán considerados como "presentados".

-
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e
outros), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios
para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente
curso académico será de suspenso (0.0).

-Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo
electrónico durante as probas de avaliación salvo
autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula de exame será considerado
motivo de non superación da materia no presente curso
académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

-Poderase avaliar conxuntamente os apartados de Prácticas de laboratorio e proxectos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000