Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Automatización industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliarase cada práctica de laboratorio entre 0 e 10 puntos, en
función do
cumprimento dos obxectivos fixados no enunciado da mesma e da
preparación
previa e a actitude do alumnado. Cada práctica poderá ter distinta
ponderación
na nota total.
5 C25
C28
C29
D2
D10
D14
D17
Aprendizaxe baseado en proxectos Avaliarase en función do
cumprimento dos obxectivos fixados.
5 B4
B7
C28
C29
D2
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento Examen final dos contidos da materia, que incluirá os contidos das prácticas de laboratorio, con
unha puntuación entre 0 e 10 puntos.
90 B4
B7
C12
C25
C28
C29
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumnado nas
prácticas ao longo das sesións de laboratorio establecidas no
cuatrimestre, sendo a asistencia as mesmas de carácter obrigatorio. No
caso de non superala, realizarase un exame de practicas na segunda
convocatoria.

- A avaliación das prácticas para o alumnado que
renuncie oficialmente a Avaliación Continua, realizarase nun exame de
prácticas nas dúas convocatorias. Poderanse esixir requisitos previos á
realización de cada práctica no laboratorio, de xeito que limiten a
maxima cualificación a obter.

- Deberanse
superar ambas as probas (escrita e prácticas) para aprobar a materia,
obténdose a nota total segundo a porcentaxe indicada máis arriba.

- No exame final poderase establecer unha puntuación mínima nun conxunto de cuestións para superalo mesmo.

-
Na segunda convocatoria do mesmo curso o alumnado deberase examinar das
probas (escrita e/ou prácticas) non superadas na primeira convocatoria,
cos mesmos criterios daquela.

- Segundo a
Normativa de Avaliación Continua, os alumnos suxeitos a Avaliación
Continua que se presenten a algunha actividade avaliable recolleita na
Guía Docente da asignatura serán considerados como "presentados".

-
Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e
outros), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios
para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente
curso académico será de suspenso (0.0).

-Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo
electrónico durante as probas de avaliación salvo
autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo
electrónico non autorizado na aula de exame será considerado
motivo de non superación da materia no presente curso
académico e a cualificación global será de suspenso (0.0).

-Poderase evaluar conxuntamente os apartados de Prácticas de laboratorio e proxectos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000