Guia docente 2019_20
Escola de Enxeñería Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Sistemas de control en tempo real
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Farase un seguimento personalizado do desenvolvemento das diferentes prácticas de laboratorio propostas 40 B4
B10
C26
C28
C29
D2
D8
D9
D10
D12
D14
D17
Exame de preguntas de desenvolvemento Farase un exame escrito que versará sobre os conceptos desenvolvidos na materia 60 B4
B10
C26
C28
C29
D2
D8
D9
D10
D12
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota do apartado de prácticas de laboratorio pódese obter de dúas formas. Na primeira, mediante unha avaliación continua da asistencia e realización das prácticas durante as actividades académicas programadas. É imprescindible enviar unha fotografía actualizada ó coordinador da asignatura antes da primeira sesión de prácticas para que sexa posible realizar a evaluación continua das actividades desenvoltas no laboratorio. Na segunda, mediante un exame de prácticas de laboratorio, que se realizará no mesmo laboratorio docente e coas mesmas ferramentas informáticas e que consistirá no desenvolvemento dalgunha aplicación similar ás desenvolvidas nas prácticas de laboratorio da materia. No caso de optar por esta segunda opción nalgunha das convocatorias, o alumno deberá solicitar ao profesor responsable a realización do exame cunha antelación de 10 días antes da data do exame escrito. 


Compromiso ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000