Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Oficina técnica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao longo do cuadrimestre levaranse a cabo unha serie de probas de avaliación de coñecementos teóricos e/ou prácticos. A extensión da proba pode depender da convocatoria. 40 B1
C18
D5
D8
D14
D15
Estudo de casos Elaborar un Informe Técnico relativo a calquera cuestión relacionada coa Enxeñaría Industrial. 15 B1
B2
C18
D2
D3
D5
D7
D8
D9
D10
D14
D15
D17
D20
Proxecto Realización dun Proxecto de Enxeñaría, traballando en equipo. Farase fincapé na aplicación de ferramentas e coñecementos de enxeñaría industrial para crear solucións de enxeñaría para as necesidades reais dunha industria. 35 B1
B2
C18
D2
D3
D5
D7
D8
D9
D10
D12
D14
D15
D17
D20
Cartafol/dossier Ao longo do cuadrimestre levaranse a cabo unha serie de actividades prácticas complementarias.
Tanto neste ítem como nos dous anteriores, valorarase tamén a implicación do alumno nas clases e na realización das diversas actividades programadas, o cumprimento dos prazos de entrega e/ou exposición e defensa dos traballos propostos.
10 B1
B2
C18
D2
D3
D5
D7
D8
D9
D10
D12
D14
D15
D17
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na modalidade de avaliación continua os alumnos superan a
materia se alcanzan a puntuación de cinco puntos, sen obriga de realizar a
proba da convocatoria ordinaria. Esíxese un mínimo do 50% da nota máxima en
cada parte e cada sub-parte. A modalidade de avaliación continua será
liberatoria, debendo recuperar só aquelas partes non superadas ao longo do
proceso de avaliación continua.

Tamén poderán presentarse ao exame oficial completo quen,
aínda habendo superando a materia na modalidade de avaliación continua, desexen
modificar a cualificación obtida. Os alumnos que non superen a materia na
primeira convocatoria deberán de realizar unha proba final que contemplará a
totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá
incluír probas de resposta corta, de resposta longa, resolución de problemas e
desenvolvemento de supostos prácticos. Espérase que o alumno presente un
comportamento ético adecuado.

No caso de detectar un comportamento non ético (copia,
plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a
materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo
electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. O feito
de introducir un dispositivo electrónico non autorizado na aula de exame será
considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico e a
cualificación global será de suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000