Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Oficina técnica
   Contidos
Tema Subtema
1. Introdución e presentación da materia. 1.1. Presentación.
1.2. Guía docente da materia.
1.3. Criterios e normas para o desenvolvemento da materia.
1.4. Aproximación muntidisciplinar á profesión: ámbitos legáis, normativos, económicos, organizativos e técnicos.
2. A Oficina Técnica. 2.1. Introdución á oficina técnica industrial.
2.2. Realizacións da oficina técnica.
2.3. Infraestrutura dunha oficina técnica.
2.4. Organización e xestión dunha oficina técnica.
3. Informes técnicos e traballos similares. 3.1. Informes técnicos.
3.2. Valoracións, tasacións e orzamentos.
3.3. Outros traballos técnicos similares.
3.4. Criterios e normas para a redacción e presentación de traballos técnicos.
4. Metodoloxía de proxectos. 4.1. Introdución.
4.2. Teorías sobre o proxecto.
4.3. Metodoloxía do proceso proxectual.
4.4. As fases do proxecto industrial.
5. O marco normativo e legal do proxecto. 5.1. O ordenamento legal e o proxecto.
5.2. Lexislación técnica específica.
5.3. Normalización, certificación, homologación e calidade.
5.4. Propiedade industrial e transferencia de tecnoloxía.
6. A documentación do proxecto industrial. 6.1. Memoria.
6.2. Planos.
6.3. Prego de Condicións.
6.4. Medicións e Orzamento.
6.5. Estudos con entidade propia.
7. Métodos e técnicas para a organización e xestión de proxectos. 7.1. Organización, dirección e coordinación de proxectos.
7.2. Métodos e técnicas para a xestión de proxectos.
7.3. Técnicas para a optimización de proxectos.
7.4. Ferramentas para a xestión informatizada de proxectos.
8. Tramitación de proxectos e doutra documentación técnica. 8.1. Criterios e normas para a tramitación de proxectos.
8.2. Tramitación do visado de proxectos e doutros documentos técnicos.
8.3. Xestión de licenzas, autorizacións e permisos ante institucións públicas e privadas.
8.4. Licitación e contratación de proxectos.
9. Dirección facultativa de proxectos industriais. 9.1. Protagonistas que interveñen na execución material de proxectos.
9.2. Funcións e actividades da dirección facultativa ou técnica.
9.3. Marco legal que regula as funcións e responsabilidades da dirección facultativa.
9.4. Obrigacións da dirección facultativa en materia de seguridade e saúde.
Práctica 1. Estudo e análise dun proxecto relacionado coa especialidade Os alumnos, ben de forma individual ou en grupo, localizarán un proxecto que estudarán e analizarán e sobre o que elaborarán un informe técnico. Informe no que figurará como mínimo: unha valoración dos principais aspectos que, a xuízo do alumno, deben destacarse do proxecto, a descrición da estrutura, contido, ordenación e presentación dos documentos do proxecto e da súa adecuación ao establecido na norma UNE 157001:2014. A análise terá en conta, entre outros, o tratamento no proxecto dos aspectos sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicos e industriais, así como o nivel de uso de métodos de proxecto adecuados.
Práctica 2. Realización dunha proposta técnica para elaboración dun proxecto relacionado coa especialidade. Organizados os alumnos en grupos de tres a cinco membros, redactarán unha oferta de servizos profesionais dirixida a un hipotético peticionario (promotor interno ou externo) na que figurará como mínimo: a formulación do proxecto, metodoloxía de traballo a seguir para a súa elaboración e a descrición dos recursos materiais e humanos a utilizar. Esta proposta abordará tamén os aspectos sociais, de saúde e seguridade, ambientais, económicos e industriais. Promoverase que as solucións propostas fagan uso dalgún coñecemento de vangarda na especialidade de enxeñaría de que se trate. Neste traballo se esixirá ós alumnos que empreguen softwares avanzados no ámbito da enxeñería mecánica (AutoCAD, SolidWorks, KiCad, Ultimaker Cura3D, …) de aplicación ó problema específico abordado.
Práctica 3. Elaboración dos documentos dun proxecto sinxelo. Organizados os alumnos en grupos de tres a cinco membros deberán desenvolver, segundo o seu nivel de dificultade, a documentación do anteproxecto ou dun proxecto de detalle. Esíxese a presentación e defensa do traballo. Os alumnos seleccionarán e aplicarán métodos de proxecto axeitados aos obxectivos do mesmo e á disciplina tecnolóxica abordada. No marco do desenvolvemento destes documentos, os alumnos deberán recorrer a procuras bibliográficas, consulta e uso de bases de datos e outras fontes de información, así como levar a cabo simulacións e análises propias da súa especialidade. O traballo se desenvolverá cun enfoque multidisciplinar, buscando integrar os coñecementos adquiridos nas materias cursadas da titulación para a definición proxectual da solución ó problema plantexado.
Práctica 4. Realizar unha planificación básica para a execución do proxecto elaborado. Apoiándose nos métodos e ferramentas de xestión de proxectos, cada grupo realizará a planificación e programación da execución material do traballo elaborado, empregando metodoloxías apropiadas aos obxectivos plantexados e á disciplina tecnolóxica abordada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000