Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Instrumentación electrónica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido durante as sesións prácticas. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 40 B3
B4
C20
C23
D2
D9
D10
D17
Exame de preguntas obxectivas Probas que se realizarán despois de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudantado. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. 60 B3
B4
C20
C23
D2
D9
D10
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
Avaliación
continua

Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase nesta materia
un sistema de avaliación continua.

A
materia divídese en dous partes: teoría (60%) e práctica (40%).
As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o
curso académico no que se realizan. A cualificación final do
estudantado que elixa esta vía non poderá ser "non presentado".


A planificación das diferentes probas de avaliación estará
dispoñible ao principio do cuadrimestre.

1.a Teoría.

Realizaranse
3 probas parciais de teoría (PT) debidamente
programadas ao longo do curso.

Cada
proba parcial constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo
test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. A nota de cada
proba parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota
das probas ás que falte será de 0 puntos. A nota final de teoría
(NFT) será a media aritmética das notas dos
parciais:

NFT
= (PT1 + PT2 + PT3)/3

Para
superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos
de 10 en cada unha delas.

1.b
Práctica

Realizaranse
9 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos
de 2 persoas (sempre que sexa posible formalos). A parte práctica cualificarase mediante a
avaliación continua de todas as prácticas.

A valoración da parte práctica farase de forma individual. Terase en conta o traballo individual de preparación previa, a participación e o traballo desenvolvido por cada membro do grupo durante as sesións de prácticas. Cada práctica valorarase
cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás
que se falte será de 0. A nota final das prácticas (NFP)
será a media aritmética das notas das prácticas.

1.c
Nota final da materia

Na
nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 60%
e a nota de prácticas (NFP) un peso do 40%. Para aprobar a materia
será imprescindible superar a parte de teoría. Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte:

NF
= 0,6·NFT + 0,4·NFP

No
caso de non superar a parte de teoría (NFT < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5 puntos en cada unha das
probas parciais de teoría, a nota final será a obtida coa seguinte expresión:

NF
= min({4,9; (0,6·NT + 0,4·NP)}), onde:

NT = 5 -Suma(Ai)/3 sendo Ai = max( {0; 5-PTi} ) para i= 1, 2, 3.

NP = min( {5; NFP} )

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

2. Avaliación global

Quen non opten pola avaliación continua poderá presentarse a unha proba de avaliación global que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización de dita proba, quen non optase pola avaliación continua deberá realizar unha proba teórica que poderá conter preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos nas prácticas de laboratorio.

O exame teórico consistirá en tres probas que constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das notas das probas parciais:

NFT = (PT1 + PT2 + PT3)/3

Quen non realizase as prácticas da materia terá unha nota final de prácticas (NFP) de 0 puntos.

Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das tres probas de teoría. Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte:

NF = 0,6·NFT + 0,4·NFP

No
caso de non superar a parte de teoría (NFT < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5 puntos en cada unha das
probas parciais de teoría, a nota final será a obtida coa seguinte expresión:

NF
= min({4,9; (0,6·NT + 0,4·NP)}), onde:

NT = 5 -Suma(Ai)/3 sendo Ai = max( {0; 5-PTi} ) para i= 1, 2, 3.

NP = min( {5; NFP} )

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

3. Avaliación na convocatoria extraordinaria e na convocatoria de fin de carreira

A avaliación na convocatoria extraordinaria e na convocatoria de fin de carreira terá o mesmo formato que a avaliación global (apartado 2). A proba de avaliación celebrarase nas datas que estableza a dirección da Escola.

A quen se presente á avaliación na convocatoria extraordinaria conservaráselle a nota que obteña na convocatoria ordinaria (avaliación continua ou global) nas partes ás que non se presente.

O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2.

4. Compromiso ético

Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, ou outros), en
calquera dos traballos/probas realzadas, a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será
comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos.

Profesor responsable de grupo:

Grupo A1: VICENTE PASTORIZA SANTOS

Grupo A2: FRANCISCO POZA GONZÁLEZ


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000