Guia docente 2023_24
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Fundamentos de electrónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio (PL) avaliaranse de maneira continua (sesión a sesión).

Os criterios de avaliación son:
- Unha asistencia mínima ao 80% das sesións.
- Puntualidade.
- Preparación previa das prácticas.
- Aproveitamento da sesión.

As sesións prácticas realizaranse en grupos de dous alumnos.

Os enunciados das prácticas estarán a disposición dos alumnos con antelación.

Os alumnos contestasen nun conxunto de follas os resultados, que entregarán á finalización da práctica. Estas follas servirán para xustificar a asistencia e valorar o aproveitamento.

Cada unha das sesións de prácticas avaliarase sobre 10 puntos.
20 C11
D10
Exame de preguntas obxectivas Consistirá en dúas probas (EP1 e EP2) relativas a bloques temáticos. Cada unha terá un peso do 20% do total da nota.

Realizaranse, si é posible, por medios telemáticos.

As probas consistirán en preguntas tipo test, preguntas de resposta pechada e problemas de análises con resposta numérica.

Estas probas avalíanse sobre 10 puntos. Se non se alcanza unha nota mínima de 2,5 puntos, a nota da proba pasa a valer 0 puntos
40 B3
C11
D2
D9
Exame de preguntas de desenvolvemento Esta proba (EP3), escrita, de carácter individual e presencial que se realizará ao finalizar o cuadrimestre, na data e horario establecidos pola dirección do centro.

Poderá consistir nunha combinación dos seguintes tipos de exercicios:
- Cuestiones tipo test.
- Cuestións de resposta curta.
- Problemas de análises.
- Resolución de casos prácticos.

Esta proba avalíase sobre 10 puntos. Se non se alcanza unha nota mínima de 2,5 puntos, a nota da proba pasa a valer 0 puntos
40 B3
C11
D2
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nota de prácticas

A nota de prácticas [PL] obtense das notas das 5 prácticas de laboratorio, coa seguinte fórmula:

PL = ( P1 + P2 + P3 + P4 + P5 ) / 5

Non facer unha práctica implica que a nota nesa práctica é cero.

Convocatoria ordinaria por avaliación continua

A nota que pasará á acta [NAEC] será a suma ponderada das notas de prácticas e de autoevaluación, calculada pola fórmula:

NAEC = 0,2 * PL + 0,2 * EP1 + 0,2 * EP2 + 0,4 * EP3

Convocatoria ordinaria por avaliación global

Será necesario presentarse a un exame teórico [NTEG], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPEG], en data a acordar dependendo da disponibilida de laboratorios e non coincidencia con outros exames do mesmo curso.

Cada un destes exames avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Se se realiza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a nota [NPEG] valerá 0.

A nota que pasará á acta [NAEG] será a calculada pola fórmula:

NAEG = ( NTEG + NPEG ) / 2

Convocatoria extraordinaria por avaliación continua

Nesta convocatoria conservarase a nota de prácticas da convocatoria ordinaria [PL], e será necesario presentarse a un exame teórico [ETEC], que avaliará todos os contidos da materia.

A nota que pasará á acta [NAEEC] será a suma ponderada das notas de prácticas e do exame teórico de acordo á seguinte fórmula

NAEEC = 0,2 * PL + 0,8 * ETEC

Convocatoria extraordinaria por avaliación global

Será necesario presentarse a un exame teórico [NTEEG], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPEEG], en data a acordar dependendo da disponibilida de laboratorios e non coincidencia con outros exames do mesmo curso.

Cada un destes exames avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Se se realiza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a nota [NPEEG] valerá 0.

A nota que pasará á acta [NAEEG] será a calculada pola fórmula:

NAEEG = ( NTEEG + NPEEG ) / 2

Convocatoria fin de carreira

Será necesario presentarse a un exame teórico [NTFDC], na data establecida polo centro para a convocatoria ordinaria, e un exame práctico de laboratorio [NPFDC], en data a acordar dependendo da disponibilida de laboratorios e non coincidencia con outros exames do mesmo curso.

Cada un destes exames avaliarase sobre unha puntuación de 10 puntos. Se se realiza o exame teórico, e o estudante non se presenta ao práctico, a nota [NPFDC] valerá 0.

A nota que pasará á acta [NAFDC] será a calculada pola fórmula:

NAFDC = ( NTFDC + NPFDC ) / 2

Recomendacións

Nas diferentes probas escritas, aconséllase ao alumnado que xustifique todos os resultados que alcancen.Á hora de puntuar as cuestións, tanto de laboratorio como de probas escritas, non se dará ningún resultado por sobreentendido e terase en conta o método empregado para chegar á solución proposta.Recoméndase, na presentación dos diversos exercicios, non presentar faltas de ortografía e caracteres ou símbolos ilexibles, porque afectarán a puntuación final.Non se corrixirán os exames aos que lle falte algunha das follas que acompañan ao enunciado. Durante a realización das probas non se poderá utilizar apuntamentos nin dispositivos electrónicos, coa excepción de calculadoras.

Compromiso ético

Espérase que quen curse a materia presente un comportamento ético correcto. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0) e notificarase á dirección do centro para os efectos oportunos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000