Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Química: Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumnado deberá resolver de forma autónoma, e entregar periodicamente os problemas ou exercicios formulados polo profesorado. Valoraranse tanto os resultados obtidos, como o procedemento seguido na execución.
De acordo á lexislación vixente, a cualificación final será numérica e estará comprendida entre 0 e 10.
10 B3
C4
D2
D3
D10
Probas de tipo test A finalidade desta proba, que levará a cabo na data da convocatoria oficial de exames, é avaliar o nivel de coñecementos teóricos alcanzados polo alumnado nas sesións de aula. Será unha proba escrita tipo test, de resposta múltiple, nas que o alumno poderá alcanzar unha cualificación numérica comprendida entre 0 e 10, de acordo á lexislación vixente. 40 B3
C4
D10
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación dos coñecementos alcanzados polo alumnado nos seminarios de problemas farase mediante unha proba escrita, na convocatoria oficial de exames, na que o alumno deberá resolver 4 ou 5 problemas relacionados coa materia obxecto de estudo.
A proba cualificarase, segundo a lexislación vixente, cunha nota final numérica comprendida entre 0 e 10.
40 B3
C4
D2
D3
D10
Informes/memorias de prácticas Ao finalizar cada práctica o alumno/a deberá elaborar un informe detallado sobre a mesma, na que se incluirán aspectos tales como: Obxectivo e fundamentos teóricos da práctica, procedemento seguido, materiais empregados, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.
Valorarase, ademais do contido, a comprensión da práctica, a capacidade de síntese do alumno/a, a redacción e presentación do informe, así como a achega persoal.
A cualificación final, comprendida entre 0 e 10, será a media das cualificacións obtidas nos diferentes informes realizados.
10 C4
D3
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación