Guia docente 2012_13
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Química: Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma O alumno deberá resolver de xeito autónomo, e entregar periódicamente os problemas ou exercicios formulados polo profesor.

Valoraranse tanto os resultados acadados, como o procedemento seguido na súa execución.

Dacordo ca lexislación vixente, a cualificación final será numérica e estará comprendida entre 0 e 10.
10
Probas de tipo test A finalidade destas probas é avaliar o nivel de coñecementos teóricos acadado polo alumno nas sesións de aula. Serán probas escritas tipo test, de resposta múltiple, nas que o alumno poderá acadar unha cualificación numérica comprendida entre 0 e 10, dacordo ca lexislación vixente.

A cualificación final será a media das cualificacións obtidas nas diferentes probas realizadas.
40
Resolución de problemas e/ou exercicios A avaliación dos coñecementos acadados polo alumno nos seminarios de problemas, farase mediante unha proba escrita na que o alumno deberá resolver 4 ou 5 problemas relacionados ca materia obxceto de estudo.

A proba cualificaránse, segun a lexislación vixente, cunha cualificación final numérica comprendida entre 0 e 10.
40
Informes/memorias de prácticas O remate de cada práctica o alumno deberá elaborar un informe detallado sobre a mesma, no que se inclúan aspectos tales como: Obxectivo e fundamentos teóricos da práctica, procedemento seguido, materiais empregados, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.

Valorarase, ademais do contido, a comprensión da práctica, a capacidade de síntese do alumno, a redacción e presentación do informe, así como a aportación persoal do alumno.

A cualificación final, comprendida entre 0 e 10, será a media das cualificacións obtidas nos diferentes informes realizados ó longo do curso.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As probas finais tipo test e de problemas soamente se considerarán na
ponderación final aquelas cunha cualificación superior ou igual a 4. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000