Guia docente 2012_13
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Matemáticas: Álxebra e estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao longo do curso realizaranse varias probas de seguimento tanto da parte de Álxebra como da de Estatística. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Ao término do cuadrimestre examinarase ao alumno do total da matteria mediante un exame final de Álxebra e outro de Estatística. 80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos que non se presenten ás probas de avaliación continua poderán obter o 100% da nota presentándose aos exames finais de ambas as partes.

A nota final da materia calcularase mediante a media aritmética das notas obtidas en Álxebra e en Estatística. Entenderase que un alumno se presentou á materia se se presenta ao exame final dalgunha das dúas partes.

A avaliación dos alumnos na segunda edición realizarase mediante un exame de Álxebra e outro de Estatística cuxa media supoñerá o 100% da nota final. Se na primeira edición un alumno obtén unha cualificación superior ou igual a 5 puntos (sobre 10) nunha das partes (Álxebra ou Estatística) entón, na segunda edición, poderá non presentarse ao exame final desa parte e conservar a nota obtida na primeira edición para facer a media.

Profesores responsables de grupos:
Grupo A: GLORIA FIESTRAS JANEIRO/NATIVIDAD CALVO RUIBAL
Grupo B: NATIVIDAD CALVO RUIBAL/JOSE MARIA MATIAS FERNANDEZ
Grupo C: CECILIO FONSECA BON/GLORIA FIESTRAS JANEIRO
Grupo D: JOSE MARIA MATIAS FERNANDEZ/Jesús Ricardo Illán González
Grupo E: ALBERTO ELIAS CASTEJON LAFUENTE/GLORIA FIESTRAS JANEIRO
Grupo F: Jesús Ricardo Illán González/JOSE MARIA MATIAS FERNANDEZ
Grupo G: JUAN CARLOS PARDO FERNANDEZ/Ignacio Bajo Palacio
Grupo H: JUAN CARLOS PARDO FERNANDEZ/JOSÉ RAMÓN FERNÁNDEZ  GARCÍA
Grupo I: JOSÉ RAMÓN FERNÁNDEZ  GARCÍA/JAVIER ROCA PARDIÑAS
Grupo J: JUAN CARLOS PARDO FERNANDEZ/CECILIO FONSECA BON
Grupo K: CECILIO FONSECA BON/María Gómez Rúa

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000